Paga extra: pensionistas

O deputado popular e secretario da Mesa do Parlamento valora moi positivamente o anuncio do Presidente galego, Alberto Núñez Feijóo

BALSEIRO SINALA QUE A XUNTA VOLVERÁ A ABONAR EN 2014 O COMPLEMENTO DE 206 EUROS ÁS MÁIS DE 5.300 FAMILIAS LUCENSES QUE SON BENEFICIARIAS DUNHA PENSIÓN NON CONTRIBUTIVA

529651_417286685033624_299129873_n

  • O Goberno galego outorga esta axuda adicional por quinto ano consecutivo e, en plena crise económica
  • O complemento abonado pola Xunta é o que maior contía ten de todas as comunidades autónomas españolas

  

Lugo, 14 de novembro de 2013.- O deputado do Grupo Popular e secretario do Parlamento galego, Jose Manuel Balseiro, explicou que ás máis de 5.300 familias da nosa provincia que son beneficiarias dunha pensión non contributiva recibirán da Xunta o ano próximo –en 2014- un complemento de 206 euros.

 Así o anunciou no día de onte no Parlamento o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, quen explicou que este pago se abonará por por quinto ano consecutivo a todos aqueles galegos que dispoñan deste tipo de pensións, as máis baixas.

 A MAIOR DE TODAS AS CCAA

 O deputado popular salienta o compromiso e a capacidade de apoio que demostra a Xunta de Galicia en plena crise económica, “froito dunha boa xestión e da fortaleza dunha Facenda autonómica solvente e saneada que permite dar prioridade a este tipo de apoios”, e sinala que a contía a percibir en Galicia é “maior que en ningunha outra comunidade autónoma de España e o dobre, por exemplo, que a prevista, en Andalucía”

 40.000 GALEGOS

 Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística na provincia de Lugo máis de 5.300 beneficiarios de pensións non contributivas xa sexan estas recoñecidas en concepto de invalidez ou de xubilación. En todos estes casos o complemento da Xunta sumarase a contía abonada pola Seguridade Social.

O Goberno galego ingresará a extra das pensións non contributivas nas mesmas contas correntes nas que a Seguridade Social abona as mensualidades habituais.

No conxunto da comunidade son máis de 40.000 galegos os beneficiarios dunha pensión non contributiva e, polo tanto, os que recibirán o ano próximo este complemento suplementario da Xunta.

 PENSIÓNS NON CONTRIBUTIVAS

As pensións non contributivas, aseguran a todos os cidadáns unha prestación económica, asistencia médico farmacéutica gratuíta e servizos sociais complementarios, aínda que non teñan cotizado ou o teñan feito de xeito insuficiente para ter dereito a unha pensión ordinaria.