O voceiro do Mar do Grupo Popular e secretario do Parlamento galego gabou os esforzos da Consellería do Medio Rural e do Mar e os traballos dos equipos directivos dos GAC “para seguir sumando esforzos na promoción e difusión dos produtos pesqueiros”
BALSEIRO SALIENTA O APOIO DA XUNTA DE GALICIA QUE ACHEGA MÁIS DE 356.000 EUROS A FINANCIAR PROXECTOS APROBADOS POLO GRUPO DE ACCIÓN COSTEIRA DA MARIÑA E ORTEGAL
- Gran parte das axudas están destinadas a concellos, entidades sen ánimo de lucro e iniciativas empresariais e turísticas, que comparten un punto común: a súa relación co mundo do mar e da pesca
Santiago, 15 de novembro de 2013.- O portavoz do Mar do Grupo Popular e secretario da Mesa do Parlamento, Jose Manuel Balseiro, quixo salientar hoxe o apoio da Xunta de Galicia ofrece coa achega de máis de 356.000 euros para impulsar diversos proxectos aprobados polo Grupo de Acción Costeira na Mariña e Ortegal.
CONCELLOS, ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO
Estas importantísimas axudas económicas que hoxe se resolven beneficiarán “a moitos concellos, entidades sen ánimo de lucro e iniciativas empresariais e turísticas, que tiñan solicitada estas axudas e que comparten un punto común: a súa relación co mundo do mar e da pesca”
Segundo Balseiro Orol estes apoios amosan un compromiso claro do Goberno galego “coa idea de contribuír a mellora de vida das poboacións costeiras comprendidas entre Ribadeo e Valdoviño”. Nesa liña o deputado gabou o esforzo desenvolvido polo departamento que dirixe Rosa Quintana e polos equipos directivos dos distintos Grupos de Acción Costeira “que traballan na liña de seguir sumando esforzos na promoción e difusión dos produtos pesqueiros”
O parlamentario indicou que sumando o diñeiro de anteriores convocatorias, o GAC-nº1 xa distribuíu case dous millóns de euros na Mariña e Ortegal
O detalle dos beneficiarios aquí
Confraría de Pescadores de San Cibrao | Ansarón: mellora do sector marisqueiro da Confraría de San Cibrao |
11.424,59 |
Asociación de Pais de Nenos e Adolescentes con Necesidades Especiais | Xornadas gastronómicas Acerca2 ó Mar |
4.239,12 |
Concello de Ribadeo | Ribadeo: Catedral do Mar |
43.824,00 |
Concello de Foz | Festas gastronómicas do Mar de Foz |
25.469,60 |
Ven al Norte, S.L.U. | Escola de deportes náuticos da Mariña |
150.000,00 |
Concello de Burela | Promoción turística do Barco-Museo Reina del Carmen |
6.993,16 |
Confraría de Pescadores de Celeiro | Recuperación, divulgación e posta en valor do remo tradicional na ría de Viveiro |
24.470,71 |
Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo | Campaña promocional Mar de Lugo-2ª fase |
45.570,00 |
Confraría de Pescadores de Burela | Dinamiza e conserva-fase I |
8.365,00 |
Confraría de Pescadores de Celeiro | XVIII xornadas técnicas de difusión do sector pesqueiro |
20.571,60 |
Concello de Xove | II festa gastronómica do percebe de Xove |
2.730,00 |
Concello de Cervo | Programa de difusión da cultura mariñá |
6.209,37 |
Concello de Viveiro | Campaña de promoción do turismo gastronómico dos produtos pesqueiros de Viveiro |
6.409,00 |
Total |
356.276,15 |