• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Grupos de Acción Costera
Oportunidades de emprego »

Opinión: aumento da cota da pescada

19, Novembro 2013 por Admin B

<< Obxectivo conseguido >>

  PropB

 Acadado o principal obxectivo, incrementar a cota da pescada do norte, cumprimos a palabra dada, e asumimos o compromiso de seguir defendendo, hoxe e no futuro, alí onde corresponda, os intereses do sector pesqueiro galego.

A decisión é definitiva: O Consello de Ministros da Unión Europea formalizou autorizar a España 4.019 toneladas extra de cota para a captura da pescada do norte (merluza) neste ano en curso.

Un incremento dun 26%, maior do inicialmente previsto, que poderá ser aproveitado pola flota galega –a que maior número de embarcacións posúe neste sector- de cara á campaña de Nadal, período no que maior relevancia comercial e económica adquire a venda deste produto.

Os populares galegos temos que felicitarnos porque toma realidade un compromiso adquirido, xa fai meses, e que responde ao traballo conxunto das administracións central e galega e do sector, que lideraron unha petición xusta e proporcionada da nosa flota.

Pero lonxe dos moitos beneficios prácticos esta medida vén a implicar un triplo recoñecemento:

Aos profesionais, que teñen demostrado que os seus esforzos e as medidas de xestións e pesca responsable que impulsaron durante os últimos anos permite evidenciar, con datos científicos no man, o bo estado do recurso, que fai á pescada do norte susceptible dun maior aproveitamento pesqueiro.

 Aos que defendemos esta petición, liderada en Europa polos gobernos español e irlandés, consciente dos seus beneficios, promovendo iniciativas de apoio diante do Parlamento galego e no conxunto das institucións, entre as reticencias iniciais da oposición.

 E finalmente polo precedente moi positivo que implica que, por primeira vez na historia do noso país, Bruxelas autoriza o incremento da cota dunha especie pesqueira de interese para España e o fai no ano en curso.

Acadado o principal obxectivo, incrementar a cota da pescada do norte, cumprimos a palabra dada, e asumimos o compromiso de seguir defendendo, hoxe e no futuro, alí onde corresponda, os intereses do sector pesqueiro galego.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Novembro 2013
    L M M X V S D
     123
    45678910
    11121314151617
    18192021222324
    252627282930  
    « Out   Dec »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: