Oportunidades de emprego

O deputado e secretario do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro puxo en valor os esforzos do Goberno galego ante o primeiro reto do país: o combate do desemprego

“A XUNTA LIDEROU OS INVESTIMENTOS EN MATERIA DE EMPREGO ACHEGANDO 1,2 MILLÓNS DE EUROS NA MARIÑA LUCENSE NO QUE LEVAMOS DE ANO”

529651_417286685033624_299129873_n

  • As axudas permitiron contratar a 218 veciños da comarca que participaron nas escolas-obradoiro de emprego ou nos plans de cooperación
  •  Balseiro valora que, a diferenza dos programas proxectados pola Deputación, a Xunta deu posibilidade de participación a todos os concellos da comarca, sen exclusións

 

 

A Mariña, 20 de novembro de 2013.- O deputado do Grupo Popular e secretario do Parlamento, Jose Manuel Balseiro, significou que a Xunta de Galicia vén de liderar os investimentos en materia de emprego na nosa comarca grazas á achega de máis de 1.206.000 euros no que levamos de ano 2013.

 O parlamentario puxo en valor os esforzos do Goberno galego diante do primeiro reto do país: o combate do desemprego e indicou que as axudas da Xunta permitiron a formalización de contratos con 218 veciños da comarca que se atopaban en situación de desemprego.

 O groso das axudas autonómicas chegaron a través de dous programas: os plans de cooperación cos concellos e os obradoiros de emprego. Ambos, a diferenza do que acontece cos programas que impulsan outras administracións, como a Deputación provincial, dan posibilidade de participación a todos os concellos da comarca, sen exclusión.

OBRADOIROS E PROGRAMAS DE COOPERACIÓN

 Na comarca da Mariña lucense, en 2013, os obradoiros de emprego dispuxeron dun orzamento de 550.000 euros e permitiron a participación de 62 desempregados, aos que habería que sumar as contratacións do persoal técnico e formativo. As bases reguladoras desta convocatoria permiten concorrer a todos os concellos da comarca sen limitación.

 No caso dos Plans de cooperación, que chegaron á totaldiade dos concellos mariñaos sen exclusión, o investimento superou os 656.000 euros e xeraron 156 empregos, en distintos ámbitos laborais de utilidade social e tras formalizar o contrato a través das entidades locais pero co financiamento da Xunta.

 Balseiro concluíu salientando que as administracións xestionadas polos populares non se renderán na batalla contra o paro xa que rematar co desemprego non é unha opción senón un deber e unha prioridade para lograr a remontada económica no noso país.