• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Parlamento de Galicia -Comisión 7º
Sargadelos »

Entrevista

23, Novembro 2013 por Admin B

A Xunta está a seguir de preto a situación que atravesa Sargadelos E confía que unha empresa que forma parte do patrimonio industrial, artístico e cultural de Galicia sexa capaz de acadar os acordos necesarios para garantir a súa viabilidade

BALSEIRO ENTREVISTOUSE CO CONSELLEIRO DE INDUSTRIA, FRANCISO CONDE, QUEN LLE CONFIRMOU QUE RECIBIRÁ ÁS TRABALLADORAS DE SARGADELOS O VINDEIRO XOVES DÍA 28

Complexo-de-Sargadelos-Cervo

  • O parlamentario popular lembra que, a día de hoxe, a Xunta foi a única administración pública que apoiou a esta empresa
  • Balseiro espera que o presidente da Deputación de Lugo, Gómez Besteiro, tamén se implique na procura dunha solución e responda á solicitude de entrevista coa mesma celeridade que o fixeron desde a Xunta

 

 

Cervo, 23 de novembro de 2013.-  O deputado do Grupo Popular e secretario da Mesa do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro, entrevistouse co conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, coa intención de trasladarlle a inquedanza do cadro de persoal de Sargadelos ante a negociación do novo expediente de regulación de emprego, que só no centro de traballo que esta compañía ten en Cervo, contempla 41 despedimentos.

Ante o interese amosado polo deputado popular o titular do departamento de Economía e Industria, Francisco Conde, confirmoulle que o vindeiro xoves, día 28, en Santiago de Compostela, recibirá aos representantes dos traballadores de Sargadelos coa fin de afondar no coñecemento da situación da empresa, nas distintas alternativas que se están estudando e ter información, de primeira man, da opinión dos representantes do persoal.

Balseiro agradeceu a boa disposición do conselleiro e a celeridade coa que desde o Goberno galego deron resposta a esta petición de entrevista, impulsada polo deputado popular tras manter un encontro, o pasado xoves, en Cervo, cos integrantes do Comité de Empresa.

A ÚNICA ADMINISTRACIÓN QUE APOIOU Á EMPRESA

O conselleiro confirmou ao deputado popular que a Xunta de Galicia está a seguir de preto a situación que atravesa Sargadelos, e confía en que sexa capaz de acadar os acordos necesarios para garantir a súa viabilidade. Non en van –lembra Balseiro- a autonómica foi a única administración pública que apoiou economicamente a esta empresa.

Tanto Balseiro como Francisco Conde coincidiron en que Sargadelos forma parte do patrimonio cultural e económico de Galicia polo que, o Goberno galego, na medida das súas posibilidades, apoiará un plan de viabilidade que asegure o futuro da empresa e o maior número de postos de traballo posibles.

ESPERA A MESMA AXILIDADE DA DEPUTACIÓN

Balseiro fixo, finalmente un chamamento á unidade de acción na busca dun obxectivo común, que non é outro que asegurar a posición competitiva de Sargadelos, amosouse esperanzado en que a solución teña en conta os esforzos desenvolvidos polas traballadoras e traballadores da compañía cerámica nos últimos anos e demandou tamén a implicación da Deputación de Lugo.

Balseiro espera que o presidente da Deputación de Lugo, Jose Ramón Gómez Besteiro, responda coa mesma axilidade que o conselleiro de Economía e Industria ante a solicitude de entrevista cursada desde o Concello de Cervo, onde Balseiro é veciño e tenente de alcalde.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en EMPREGO |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Novembro 2013
    L M M X V S D
     123
    45678910
    11121314151617
    18192021222324
    252627282930  
    « Out   Dec »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: