Sargadelos

O parlamentario popular trasladou á conselleira a situación de crise laboral que atravesa esta empresa emblemática da cultura, artesanía e patrimonio de Galicia

BALSEIRO REÚNESE CON BEATRIZ MATO E ACORDAN QUE O DIRECTOR XERAL DE TRABALLO E ECONOMÍA SOCIAL RECIBA MAÑÁ MESMO AO COMITÉ DE EMPRESA DE SARGADELOS

 Balseiro Orol e a Conselleira de Traballo

  • O encontro con Odilo Martiñá terá lugar mañá, con carácter previo a que os traballadores da empresa cerámica sexan recibidos polo conselleiro de Economía e Industria

 

Santiago, 27 de novembro de 2013.- O deputado do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro mantivo hoxe un encontro coa conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, no que lle trasladou a situación de crise laboral que afecta á empresa Sargadelos, e coincidiron en que estamos a falar dunha compañía emblemática da cultura, artesanía e patrimonio de Galicia.

 Ante a solicitude de entrevista de Balseiro a conselleira confirmou que mañá mesmo, o director xeral de Traballo e Economía Social, Odilo Martiñá recibirá ao Comité de Empresa de Sargadelos, un encontro que se celebrará con carácter previo á reunión que estes mesmos traballadores teñen previsto manter co conselleiro de Economía e Industria, trala xestión expresa do propio deputado popular.

 Balseiro insistiu en que o Goberno galego está a seguir de preto a situación que atravesa Sargadelos, e confía en que todas estas xestións sirvan para articular unha estratexia dirixida a dotar de viabilidade á empresa e ofrecer garantías aos traballadores. Non en van, ata o momento foi a Xunta a única administración pública que apoiou a esta empresa.