• Inicio
  • Hospital da Costa (Burela)
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Opinión: xornadas técnicas
Sargadelos »

Centro de Celeiro

29, Novembro 2013 por Admin B

O secretario do Parlamento galego sinala que a administración autonómica quere mellorar os apoios ás persoas que sofren a enfermidade e as súas familias

BALSEIRO DESTACA O COMPROMISO DA XUNTA COA A ATENCIÓN DE CALIDADE AOS ENFERMOS DE ALZHÉIMER NA MARIÑA

 Balseiro

  • A Xunta anuncia un investimento de 866.151,24 euros para a  contratación da xestión, en réxime de concesión, dos servizos complementarios de atención diúrna e programas comunitarios para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas de xeito conxunto para os centros de Celeiro e O Porriño

 

Lugo, 29 de novembro de 2013.- O secretario do Parlamento de Galicia e deputado autonómico, Jose Manuel Balseiro destacou hoxe o compromiso da Xunta de Galicia coa atención de calidade aos enfermos de alzhéimer na Mariña lucense e quixo poñer en valor todos os esforzos dirixidos a abordar esta enfermidade que, “ademais de aos nosos maiores, afecta tamén ás súas familias e achegados e, polo tanto, fronte a que é preciso o esforzo de todos para loitar contra ela”

Balseiro valorou moi positivamente que a Xunta de Galicia veña de anunciar un investimento de 866.151,24 euros para a  contratación da xestión, en réxime de concesión, dos servizos complementarios de atención diúrna e programas comunitarios para persoas que sofren alzheimer e outras enfermidades neurodexenerativas, un apoio económico que se orzamenta de xeito conxunto para os centros de Celeiro e O Porriño.

 O parlamentario popular explicou que o primeiro dos servizos, os programas de apoio comunitario, é aquel que ten por obxectivo manter as habilidades, os coñecemento e as condutas que aínda posúen as persoas afectadas, empregado técnicas dirixidas ao adestramento nas actividades da vida diaria, así como as que teñen como finalidade a orientación á realidade, a estimulación cognitiva, a terapia ocupacional, a atención psicolóxica ás persoas usuarias e aos seus familiares, a logopedia e as actividades de ocio e tempo libre.

 Por outra banda a prestación de atención diúrna, que a Xunta apoia a través desta concesión, supón dotar ao centro daqueles equipamentos que proporcionarán un servizo multidisciplinar de atención especializada ás persoas que teñen diagnosticada esta enfermidade: desde a elaboración dun programa individual de atención, ata a avaliación da necesidade e intensidade dos apoios, dirixidos todos eles para –en réxime diúrno- desenvolver as actuacións necesaris para acadar e manter a saúde do enfermo, a súa autonomía persoal –no grado que sexa posible- e integración social.

 As entidades e empresas interesadas en prestar estes servizos poderán presentar as súas ofertas nos próximos quince días naturais e despois será a Xunta quen, avaliando a intensidade e calidade dos programas propostos resolva a concesión.

Compartir:

  • Click to share on Facebook (Opens in new window)
  • Compartir en Twitter (Opens in new window)
  • Imprimir (Opens in new window)
  • Enviar isto a unha amizade (Opens in new window)

Like this:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en BENESTAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Novembro 2013
    L M M X V S D
    « Out   Dec »
     123
    45678910
    11121314151617
    18192021222324
    252627282930  
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete aos outros 15 segidores

Blog en WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez.
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
%d bloggers like this: