• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« XVIII Xornadas Técnicas de Celeiro
Parlamento-Comisión de Sanidade »

Parlamento de Galicia

11, Decembro 2013 por Admin B

Jose Manuel Balseiro, autor da iniciativa, salienta a importancia social, laboral e cultural desta empresa para Galicia e para os concellos e comarcas nas que se radica

O PARLAMENTO GALEGO APROBA POR UNANIMIDADE A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR EN APOIO DE SARGADELOS

 PropA

  • O texto definitivo, acordado co representante dos traballadores, insta á Xunta a impulsar as iniciativas e ferramentas ao seu alcance para, en colaboración coa empresa e os traballadores, procurar a viabilidade da Cerámica de Sargadelos (Cervo) e da Cerámica de O Castro (Sada)

 

Santiago, 11 de decembro de 2013.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, por unanimidade, unha iniciativa do Grupo Popular en apoio de Sargadelos e ante a situación de dificultade pola que pasa esta emblemática compañía que vén de anunciar a posta en marcha dun ERE –expediente de regulación de emprego- que completa o despedimento de 68 traballadores do seu cadro de persoal.

Segundo explicou o autor da iniciativa, o deputado popular Jose Manuel Balseiro, o acordo parlamentario insta á Xunta de Galicia, a impulsar as iniciativas e ferramentas ao seu alcance para, en colaboración coa empresa e os traballadores, procurar a viabilidade da Cerámica de Sargadelos (Cervo) e da Cerámica de O Castro (Sada), os dous centros produtivos que este grupo empresarial ten na nosa comunidade.

PROSPERA O TEXTO PACTADO COS TRABALLADORES

A iniciativa foi aprobada cos votos a favor do Grupo Popular e co apoio das forzas da oposición, que renunciaron a incorporar as emendas formuladas, para acoller a literalidade do texto pactado polo propio Jose Manuel Balseiro cos representantes do traballadores, e que está centrado en acadar os apoios necesarios para conseguir un proxecto que dea viabilidade ás fábricas e o respaldo das institucións.

SUMAR O APOIO DE DISTINTAS ADMINISTRACIÓNS

Neste sentido Balseiro lembrou que, ata o momento, a única administración que ten apoiado economicamente á empresa foi a Xunta de Galicia que, no ano 2010, outorgou diversas axudas e, aproveito a súa intervención, para facer un chamamento instando a que outras administracións poidan implicarse tamén en apoio da continuidade dunha cerámica que chegou a converterse por méritos propios en símbolo de identidade de Galicia.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en EMPREGO |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Decembro 2013
    L M M X V S D
     1
    2345678
    9101112131415
    16171819202122
    23242526272829
    3031  
    « Nov   Xan »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: