Parlamento-Comisión de Sanidade

Así o explicou o director de Asistencia Sanitaria do SERGAS, Felix Rubial, en resposta ás preguntas do deputado popular Jose Manuel Balseiro

A XUNTA CONFIRMA, EN SEDE PARLAMENTARIA, A CONTINUIDADE DO CENTRO DE SAÚDE DE RIBEIRA DE PIQUÍN

 DSC_0002

  • Balseiro puxo de relevo a sensibilidade da Consellería de Sanidade cos concellos do rural e os esforzos dirixidos a manter os servizos sanitarios naquelas localidades máis pequenas

  

Santiago, 12 de decembro de 2013.- O director de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde (SERGAS), Felix Rubial Bernández, ratificou, no Parlamento de Galicia, a continuidade do centro de saúde situado no concello de Ribeira de Piquín (Lugo). Así o fixo en resposta a preguntas do deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, que se interesou polo futuro deste centro médico a través dunha iniciativa formulada esta mesma tarde na Comisión de Sanidade da Cámara galega.

Os populares agradeceron o desmentido do responsable do Sergas quen confirmou a falta de fundamento dos rumores “infundados e insidiosos” que, sobre o peche do consultorio, estaban xerando bastante inquedanza entre os veciños da localidade lucense e usuarios do centro de saúde.

CENTRO DE REFENCIA EN ATENCION PRIMARIA

Desde a Xunta teñen intención de blindar o que ata o de agora era, e tamén seguirá sendo no futuro, o centro de referencia de Atención Primaria neste concello. Rubial aclarou que estas instalacións médicas van a seguir abertas, e ofertando os seus servizos, unha atención médica de calidade, para unha poboación aproximada de 700 veciños.

Balseiro puxo de relevo a sensibilidade da Consellería de Sanidade cos concellos do rural e os esforzos dirixidos a manter os servizos sanitarios naquelas localidades máis pequenas que, como Ribeira de Piquín teñen ademais unha poboación dispersa e moita dela de idade avanzada.