Parlamento

Jose Manuel Balseiro lembra que as bases do plan, deseñadas por PSOE e BNG, non permitirá participar a 9 de cada 10 desempregados lucenses e a 55 dos 67 concellos da provincia

O PLENO DO PARLAMENTO DE GALICIA DEBATERÁ A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR NA QUE ESIXE Á  DEPUTACIÓN DE LUGO QUE CORRIXA O SEU PLAN DE EMPREGO

DSC_0007

  • Demandan que a institución que preside Jose Ramón Gómez Besteiro rectifique o seu plan, tal e como lle pide unha inmensa maioría de concellos da provincia, e garanta a igualdade de oportunidades entre os desempregados lucenses
  • Instan á Deputación a aplicar os mesmos criterios que a Xunta que nos plans de fomento de emprego que ten en marcha trata a todos os concellos e desempregados en pé de igualdade

 

Santiago, 14 de decembro de 2013.- O Parlamento de Galicia celebrará o mércores da vindeira semana -na súa sesión plenaria ordinaria, tralo debate dos orzamentos- o debate da proposición non de lei que o Grupo Popular vén de incorporar e a través da que se insta á Deputación Provincial de Lugo a que rectifique, e modifique as bases actuais que rexen o seu Programa Temporal de Fomento do Emprego

 O autor da iniciativa, o parlamentario autonómico e secretario xeral dos populares lucenses, Jose Manuel Balseiro, lembra que o plan de emprego deseñado por socialistas e nacionalistas desde o Goberno bipartito da Deputación de Lugo non permitirá nin tan sequera participar na selección  a 9 de cada 10 desempregados lucenses e a 55 dos 67 concellos da provincia.

 DISCRIMINACIÓN NOS CONCELLOS DE LUGO

 “Queremos poñer de relevo o comportamento discriminatorio que empregan na súa acción de goberno o Executivo que preside Jose Ramón Gómez Besteiro, e lembrarlle que un plan financiado con cargos públicos ten a obriga de garantir a igualdade de oportunidades entre todos os desempregados lucenses, algo que a día de hoxe, non fai”- explicou Balseiro Orol

 Os populares pretenden que o Parlamento se dirixa á Deputación Provincial de Lugo para que, en atención ás múltiples e maioritarias demandas dos alcaldes desta provincia -que aprobaron sendas iniciativas nos seus plenos municipais instando á Deputación a rectificar- se proceda á modificación das bases que regulan o Programa Temporal de Fomento do Emprego impulsado por esta institución

“Parécenos que socialistas e nacionalistas terán moi difícil explicar por que un parado de Folgoso do Courel, de O Vicedo ou de Pantón ten menos dereito que un que vive na Fonsagrada a, polo menos, participar na selección deste plan de emprego”- dixo Balseiro quen non dubidou en acusar á Deputación lucense de “deseñar unhas bases ad hoc para producir un efecto discriminatorio entre os concellos e sobre todo para as persoas que poderían acceder a este plan de emprego”

A XUNTA NON DISCRIMINA

En contraposición con este plan provincial, os populares defenden as iniciativas de fomento do emprego postas en marcha pola Xunta, que van dirixidas a todos os concellos de Galicia e non conteñen unha filosofía discriminatoria, ao contrario todos os municipios reciben axudas do Plan de cooperación ou poden solicitar un obradoiro de emprego”

Os populares lamentan que a Deputación de Lugo non faga como a Xunta e aplique uns criterios que tratan a todos os desempregados en pé de igualdade e insiste en que o modelo de Gobernar de Besteiro e discriminatorio, amplamente contestado desde os concellos lucenses e temerario, por canto rouba os dereitos dos parados da provincia.