• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Prestige
Emprego »

Igualdade de oportunidades

18, Decembro 2013 por Admin B

Unha ampla representación de alcaldes e portavoces municipais da provincia de Lugo apoiaron desde a tribuna do Parlamento a iniciativa popular e quixeron trasladar a indignación dos lucenses ante o intento do Executivo que preside Gómez Besteiro de discriminalos

O PARLAMENTO GALEGO CENSURA Á DEPUTACIÓN DE LUGO TRAS POÑER EN MARCHA UN PLAN DE EMPREGO QUE “MARXINA A 9 DE CADA 10 PARADOS LUCENSES”

 unnamed5

  • Os populares reclamaban a modificación das bases deste plan, de tal xeito que se garanta a igualdade de oportunidades dos parados lucenses con independencia do concello no que residan, e que todos os municipios puideran participar neste plan de emprego

 

Santiago, 18 de decembro de 2013.- O Parlamento galego censurou hoxe á Deputación de Lugo ante a pretensión desta institución, gobernada por PSOE e BNG, de poñer en marcha un plan de emprego que, segundo recordou o parlamentario popular Jose Manuel Balseiro, “marxina a 9 de cada 10 parados lucenses, que nin tan sequera poderán participar na selección”.

 Jose Manuel Balseiro quixo deixar claro que o Grupo Popular non está en contra de ningunha iniciativa que xere emprego pero si defende que unha administración que xestiona fondos públicos, saídos dos petos dos cidadáns, neste caso dos lucenses,  está obrigada a garantir a igualdade de acceso e oportunidades laborais de todos os cidadáns e, polo tanto, “a Deputación de Lugo non ten escusas para atropelar, marxinar e desprezar aos desempregados lucenses”.

 SO 12 DOS 67 CONCELLOS

 Balseiro explicou que as bases deseñadas polo Goberno bipartito eran “sesgadas e partidistas” xa que destina dous millóns de euros para só contratar a 80 persoas, isto é, so chega ao 0,25% dos desempregados. Ademais, tanto o seu inicio, un mes antes das eleccións europeas, como o seu final, un mes despois das eleccións municipais, coincide con citas coas urnas.

  “A Deputación de Lugo discrimina aos parados en función do concello no que residen”, denunciou Balseiro, quen puxo de manifesto que tan só cumpren os criterios 12 dos 67 concellos lucenses, curiosamente 11 gobernados por PSOE e BNG e un gobernado polo PP; unha situación desproporcionada tendo en conta que o PP goberna o 64% das alcaldías.

 Quedan fóra do plan de emprego todos os concellos que superan os 5.000 habitantes, aqueles que resultaron beneficiarios dun obradoiro de emprego entre 2010 e 2013 e todos aqueles que non acadan a puntuación mínima en base a uns criterios que nada teñen que ver coas condicións de empregabilidade, como son a superficie forestal e a Rede Natura.

 AMPLA REPRESENTACIÓN LUCENSE

 Balseiro tamén desmentiu o argumento empregado por PSOE e BNG para xustificar este plan de emprego discriminatorio, baixo o fundamento de que busca compensar a falta de apoio da Xunta con estes 12 concellos que si poden optar ao plan. Neste sentido, lembrou que o 90% deles nin tan sequera solicitou un obradoiro de emprego, polo que sería imposible que llo concederan. Ao mesmo tempo, lembrou que a Xunta, a través do plan de Cooperación, chega a todos os concellos da provincia sen exclusión.

 A voceira do PP na Deputación, Elena Candia; deputados e unha ampla representación de alcaldes e portavoces municipais da provincia de Lugo apoiaron desde a tribuna do parlamento a iniciativa popular e quixeron trasladar a indignación dos lucenses ante o intento do executivo que preside Gómez Besteiro de discriminalos. Cómpre lembrar que 43 concellos da provincia xa aprobaran nos seus plenos municipais acordos semellantes, instando á deputación a corrixir as bases que regulan o plan de emprego.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en EMPREGO |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Decembro 2013
    L M M X V S D
     1
    2345678
    9101112131415
    16171819202122
    23242526272829
    3031  
    « Nov   Xan »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: