• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« TVE
Igualdade de oportunidades »

Prestige

18, Decembro 2013 por Admin B

O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, lamenta que os socialistas “volvan once anos despois a caer no mesmo erro”

A INTRANSIXENCIA DO PSOE BLOQUEA UN ACORDO DO PARLAMENTO SOBRE A SENTENZA DO PRESTIGE, PESE AO FIRME COMPROMISO DO GOBERNO GALEGO DE PRESENTAR UN RECURSO

 prest

  • Os populares lamentan que os socialistas galegos non teñan a mesma capacidade de consenso que os seus homólogos do Senado onde si foron quen de aprobar un texto unánime
  • Balseiro instou aos socialistas a ter claro “que o inimigo eran os que permitiron que ese barco saíra a navegar, non os que tiveron que tomar decisións arriscadas para tratar de minimizar os danos”

Santiago, 18 de decembro de 2013.- O portavoz do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, lamentou hoxe que a intransixencia do PSOE bloquease a posibilidade de acadar un acordo do Parlamento de Galicia sobre a sentenza do Prestige, en especial tendo en conta o firme compromiso do Goberno galego de presentar un recurso contra a mesma.

Desde o Grupo Parlamentario Popular insisten en que respectan pero non comparten o fallo da Audiencia Provincial de A Coruña, que “provocou unha gran decepción, tanto en Galicia como en España”, aseguran. Decepción “compartida polos populares galegos, no relativo á incomprensión que supón que os responsables de que unha chatarra flotante producira un enorme dano ambiental e un enorme custe ás administracións non teñan respondido disto”

RECLAMACIÓN AUTÓNOMA

 Os populares son partidarios, tal e como defendían nunha emenda que non quixo negociar o PSdeG, da presentación do recurso de casación ante o Tribunal Supremo, ou cantos outros se estimen acaídos, de tal xeito que se procure o resarcimento económico íntegro da Xunta de Galicia, que segundo lembrou Balseiro, “xa está personada na causa, exercendo non só a acción penal senón tamén a acción civil”.

Polo contra, o Grupo Popular quixo advertir que non tiña fundamento xurídico a formulación do acordo proposto polo PSOE, que insistía na necesidade de adherirse ao recurso doutra parte, pois os populares coinciden cos servizos xurídicos autonómicos en que a Xunta pode  reclamar indemnizacións de xeito autónomo. Balseiro si é partidario de que o Goberno galego coordine as súas accións co Ministerio Fiscal e Avogacía do Estado para pedir que a responsabilidade non se vexa limitada á fixada nos convenios.

Precisando xuridicamente o obxecto do recurso, o Grupo Popular tamén pedía solicitar e incluír na taxación de costas que no seu día se practique, cando a sentenza sexa firme, todos os gastos, ordinarios e extraordinarios, incluídos os correspondentes á defensa e representación da administración autonómica e ás probas periciais.

SE EQUIVOCAN DE ENIMIGO

Ante as críticas efectuadas á Xunta, Balseiro dixo que o PSOE unha vez máis “se equivoca de inimigo movido polo seu sectarismo político”, e moi especialmente ante o empeño dalgúns por culpabilizar ao Goberno de entón. Neste senso, emprazou aos deputados do PSdeG a que “once anos despois non caian no mesmo erro, e teñan claro que o inimigo eran os que permitiron que ese barco saíra a navegar, non os que tiveron que tomar decisións arriscadas para tratar de minimizar os danos”.

Finalmente, os populares lamentaron que os socialistas galegos non teñan a mesma capacidade de consenso que os seus homólogos do Senado, onde si foron quen de aprobar un texto unánime que no caso do Parlamento de Galicia nin tan sequera quixeron negociar.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Decembro 2013
    L M M X V S D
     1
    2345678
    9101112131415
    16171819202122
    23242526272829
    3031  
    « Nov   Xan »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: