Emprego

Unha vez máis o Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo discrimina positivamente á nosa provincia xa que logo os distintos programas a desenvolver primarán os proxectos que se executen en Lugo conforme ao Plan Impulsa

LUGO SERÁ A PROVINCIA MÁIS BENEFICIADA TRALA APROBACIÓN ONTE DO PLAN DA XUNTA PARA INCENTIVAR O EMPREGO DOTADO DE MÁIS DE 50 MILLÓNS DE EUROS

 PropA

  • Consiste nun amplo paquete de medidas que inclúen diversas actuacións en materia de formación, orientación, programas integrais e obradoiros de emprego
  •  Trátase só dunha parte de todo o investimento que realizará o Goberno galego no eido laboral ao longo do ano, xa que a estas iniciativas sumaranse outras medidas destinadas á mocidade, á cooperación cos concellos ou cos autónomos

  

Lugo, 20 de decembro de 2013.- O Goberno galego que preside Alberto Núñez Feijóo continúa apostando por accións que permitan fomentar a creación de emprego e neste ámbito o Consello da Xunta aprobaba no día de onte un amplo paquete de actuacións dotadas dun orzamento global que supera aos 50 millóns de euros e ao abeiro do cal a provincia de Lugo será a máis beneficiada.

Así o explicaron hoxe desde o Partido Popular de Lugo que, a través do seu secretario xeral, Jose Manuel Balseiro, agradeceu o feito de que unha vez máis a Xunta discrimine positivamente á nosa provincia. En concreto o dirixente popular explicou que, tal e como anunciou onte o propio Presidente da Xunta, cabe destacar que, por primeira vez, esta convocatoria incorporará criterios de puntuación específica para primar aqueles proxectos que se desenvolvan en Lugo, de acordo co Plan Impulsa.

15.000 BENEFICIARIOS

O programa de incentivos da Xunta para o emprego inclúe diversas actuacións en materia de formación, orientación, programas integrais e obradoiros a desenvolver durante o ano próximo, 2014. O obxectivo e beneficiar a 15.000 desempregados galegos

Estas medias son só unha parte de todo o investimento que realizará o Goberno galego no eido laboral ao longo do ano próximo, tal e como explica Balseiro, xa que a estas iniciativas sumaranse outras medidas destinadas á mocidade, á cooperación cos concellos ou cos autónomos, entre outras. Todas estes proxectos farán especial fincapé nos desempregados con especiais dificultades de inserción.

FORMACIÓN E EMPREGO

No que se refire ao eixe da formación, continuarase apostando por adecuar todos os cursos ás demandas do mercado laboral actual. Ademais, seguirase vinculando case o 100 por cento das accións á obtención de certificados de profesionalidade, dando así cumprimento a un dos acordos do diálogo social que, por exemplo, non parecen vincular aos plans formativos desenvolvidos por outras administracións.

A TODOS SEN EXCLUSIÓNS

Balseiro non quixo pasar a oportunidade de lembrar que os programas postos en marcha pola Xunta chegan a todos os concellos sen exclusión e son accesibles, segundo o previsto na orde de convocatoria e resoltos polo procedemento de concorrencia competitiva que garante a igualdade de oportunidades de todos os lucenses.

O secretario xeral dos populares lucenses finalizou lembrando que a loita contra o desemprego é a primeira preocupación dunha administracións responsable e por iso combater o paro é un dos principais obxectivos do Goberno galego, compromiso que se materializa en feitos con esta decisión da Xunta de poñer en marcha este plan dotado de 50,4 millóns de euros.