Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Xaneiro 2014

Emprego

O secretario xeral do Partido Popular de Lugo lembra que o Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo destina máis de 50 millóns de euros nun amplo paquete de medidas que inclúen diversas actuacións en materia de formación, orientación, programas integrais e obradoiros de emprego

Balseiro salienta que maiores de 45 anos e mozos son prioridade nos programas de fomento do emprego da Xunta

 529651_417286685033624_299129873_n

  • Replica así as críticas efectuadas polo PSOE que “chega tarde e anda despistado” reclamando a través de mocións municipais uns apoios que a administración autonómica xa ofrece a ambos colectivos

  (máis…)

Read Full Post »

Escolas de Música

O deputado popular sinala o recoñecemento do Goberno galego a estas administracións locais que veñen desenvolvendo unha importante labor coa iniciativa de creación e co sostemento de centros públicos que imparten as ensinanzas de música

 Balseiro salienta os apoios da Xunta ás escolas de música de cinco concellos da Mariña lucense

 Jose Manuel Balseiro Orol

  • Os beneficiarios son os concellos de Burela, Foz, A Pontenova, Ribadeo e Xove con importes que varían en función de criterios obxectivos tales como o número do alumnado matriculado, o número de especialidades instrumentais impartidas, o número do profesorado e tempo de dedicación, as dimensións das instalacións e o volume do orzamento dos centros

Lugo, 31 de xaneiro de 2014.- O deputado do Grupo Parlamentario Popular e secretario do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro, quixo poñer en valor hoxe os apoios que a Xunta de Galicia da ás escolas de música de cinco concellos da Mariña lucense.

 O parlamentario mariñán sinala o recoñecemento do Goberno galego aos esforzos que están a facer estas administracións locais que veñen desenvolvendo unha importante labor coa iniciativa de creación e sostemento de centros públicos que impartes as ensinanzas de música.

Concello

Escola   de música

Importe

Burela Escola M. de Música de Burela

1.661,72   €

Foz Escola M. de Música de Foz

1.703,71   €

Pontenova, A Escola M. de Música da Pontenova

1.292,24   €

Ribadeo Escola M. de Música e Danza de Ribadeo

3.313,25   €

Xove Escola M. de Música de Xove

1.015,93   €

Total

8.986,85 €

 CRITERIOS OBXECTIVOS

Balseiro lembra que a resolución destas axudas, que responden a unha solicitude previa dos concellos beneficiarios, son de distinta contía en función da valoración de criterios obxectivos tales como: o número do alumnado matriculado, o número de especialidades instrumentais impartidas, o número do profesorado e tempo de dedicación, as dimensións das instalacións e o volume do orzamento dos centros.

FORMACIÓN NON REGRADA

Salienta finalmente o deputado que o Goberno galego ten identificado unha notable demanda das ensinanzas de música e por iso estableceu esta convocatoria de axudas para dar a posibilidade de cursar estas ensinanzas e realizar unha formación non regrada nestas escolas.

Read Full Post »

GAC

O voceiro do Mar do Grupo Popular subliña que un dos piares da política do Goberno galego céntrase en promocionar, fomentar e poñer en valor os recursos relacionados coa pesca e co turismo

BALSEIRO RESALTA A IMPLICACIÓN DA XUNTA COS GRUPOS DE ACCIÓN COSTEIRA DA MARIÑA

 Balseiro

  • A Xunta colabora na posta en marcha dos proxectos da Confraría de Celeiro (Mariñeiros por un día) e de Burela (dous audiovisuais: un recetario de produtos do mar de Burela e outro sobre a Guerra do Bonito) con axudas que superan os 24.600€
  • Audio: http://www.ivoox.com/2777575

(máis…)

Read Full Post »

Confrarías galegas

O Diario Oficial de Galicia publica o novo Decreto de Confrarías que unificará os seus procesos electorais

Flota

  • novo decreto entrará en vigor no prazo de vinte días contados a partir de mañá e posteriormente publicarase unha orde que convocará e regulará os procesos electorais
  • Para garantir a transparencia e legalidade do proceso está a Administración electoral, formada pola xunta electoral e unha comisión e unha mesa para cada confraría

(máis…)

Read Full Post »

Titulacións pesqueiras

Deste xeito o Goberno central cumpre un dos compromisos máis demandados polos profesionais do mar e fai realidade o mandato liderado polo Parlamento galego e a Xunta para a modernización e adaptación á realidade da lexislación no ámbito marítimo-pesqueiro

BALSEIRO APLAUDE A NOVA REGULACIÓN ESTATAL QUE SIMPLIFICA E HOMOLOGA A NIVEL INTERNACIONAL AS TITULACIÓNS PROFESIONAIS DO SECTOR PESQUEIRO

 bb

  • A normativa inclúe tamén o procedemento para a obtención dos certificados de profesionalidade para valorar a experiencia e así obter o correspondente título profesional

 

(máis…)

Read Full Post »

Datos EPA

O secretario xeral dos populares lucenses, Jose Manuel Balseiro, di que o bipartito lucense está a negarse a colaborar coa Xunta para promover iniciativas que contribúan a xerar oportunidades laborais

A DEPUTACIÓN NON PODE DAR LECCIÓNS EN MATERIA DE EMPREGO TENDO EN CONTA QUE DISCRIMINA AOS PARADOS EN FUNCIÓN DO LUGAR NO QUE RESIDAN 

529651_417286685033624_299129873_n

  •  Lembra que a provincia de Lugo mantén un diferencial positivo en relación ao resto de España e de Galicia, cunha taxa de desemprego inferior á media
  • Desde o PP din que seguirán traballando con esforzo e intensidade ante o primeiro reto do país, a loita contra o desemprego e insisten en que, mentres haxa un parado hai un drama que cómpre corrixir cos esforzos de todas as administracións

  (máis…)

Read Full Post »

Impulso eólico

Tras a autorización onte polo Consello da Xunta de dúas novas instalacións eólicas: a de Mondigo en Trabada, Ribadeo e Barreiros e a de Faro no Vicedo

BALSEIRO: “A MARIÑA É PROTAGONISTA DESTACADA DO NOVO IMPULSO QUE O GOBERNO GALEGO QUERE DAR AO SECTOR EÓLICO”

 Enerxía_eólica_Galicia

  • A construción dos novos parques reportará importantes ingresos para os concellos e para os seus veciños grazas ao que recibirán anualmente polo canon eólico

(máis…)

Read Full Post »

Older Posts »

%d bloggers like this: