• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« PSOE e BNG en evidencia
Emprego »

Abono paga extra ás pensións máis baixas

4, Xaneiro 2014 por Admin B

Como apoio ás persoas vulnerables nos momentos de maior dificultade económica, este complemento está destinado ás persoas beneficiarias de pensións non contributivas; ás que perciben o fondo de asistencia social e ás que cobran o subsidio de garantía de ingresos -indicou o secretario do Parlamento galego

BALSEIRO EXPLICA QUE OITOCENTOS PENSIONISTAS DA MARIÑA LUCENSE RECIBIRÁN ESTE MES A PAGA EXTRA DE 206 EUROS ABONADA POLA XUNTA

arranca-campana-electoral-actos-sectoriales-centrados-empleo-pensiones-pymes-educacion_1_633960

  • O pagamento realizarase no mes de xaneiro, a través dunha transferencia bancaria na conta corrente onde os beneficiarios teñan domiciliado o recibo ordinario da súa prestación
  • Balseiro explica que se trata da contía máis alta das tres únicas comunidades que manteñen este complemento e resalta que durante estes anos de crise, Galicia fixo un enorme esforzo orzamentario para manter este complemento e para incrementalo un 3% con respecto ao ano 2009

  

A Mariña lucense,  4 de xaneiro de 2014.- O secretario do Parlamento galego e deputado do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, destacou hoxe, que preto de 800 pensionistas da Mariña lucense recibirán este mes unha paga extraordinaria de 206 euros.

“Como apoio ás persoas vulnerables nos momentos de maior dificultade económica, este complemento está destinado ás persoas beneficiarias de pensións non contributivas; ás que perciben o fondo de asistencia social e ás que cobran o subsidio de garantía de ingresos”-explicou Jose Manuel Balseiro.

O pagamento desta extra realizarase ao longo deste mes de xaneiro, a través dunha transferencia bancaria na conta corrente onde os beneficiarios teñan domiciliado o recibo ordinario da súa prestación. Para este concepto a Xunta reserva preto de 9 millóns de euros.

Jose Manuel Balseiro destacou, en primeiro lugar, o carácter extraordinario do complemento das pensións non contributivas, xa que de acordo coa doutrina constitucional este complemento ten que ser excepcional e temporal, “e por iso o aprobamos ano a ano, en función da motivación da situación económica que estamos a vivir”. E, en segundo lugar, recordou que se trata dun complemento que só existe noutras dúas comunidades: Andalucía e Cataluña.

Diante destes datos, o parlamentario popular salientou que durante estes anos de crise, Galicia fixo un enorme esforzo orzamentario para manter este complemento, para incrementalo un 3% con respecto ao ano 2009 e para que ademais sexa o máis elevado de toda España.

Así mesmo, subliñou que ese esforzo necesario para poder abonalo é un paso máis dentro da aposta da Xunta por apoiar ás persoas máis desfavorecidas fronte á crise económica.

“Hoxe, polo tanto, queremos reiterar e materializar o compromiso do Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo por establecer esta paga extraordinaria como fixemos en 2009, en 2010, en 2011, en 2012 e como imos facer no ano 2013. Coa dificultade propia do momento, estamos tentando demostrar á sociedade galega que hai unha vontade de seguir sendo sensibles coa situación de dificultade económica que están a padecer as familias que máis o necesitan”.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en BENESTAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Xaneiro 2014
    L M M X V S D
     12345
    6789101112
    13141516171819
    20212223242526
    2728293031  
    « Dec   Feb »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: