PSOE e BNG en evidencia

O deputado popular e secretario do Parlamento asegura que é falso que exista discriminación da Xunta en materia de emprego  xa que todos os concellos da provincia recibiron axudas para a contratación de desempregados a través do plan de cooperación, incluídos os gobernados por PSOE e BNG

BALSEIRO DENUNCIA QUE A DEPUTACIÓN DEIXA EN EVIDENCIA Á GRAN MAIORÍA DOS ALCALDES SOCIALISTAS E NACIONALISTAS NA LOITA CONTRA O DESEMPREGO

Balseiro

  • Nos últimos tres anos en preto do 70% dos casos os concellos gobernados por socialistas e nacionalistas nin tan sequera solicitaron obradoiros de emprego polo que dificilmente puideron ser discriminados nun programa de axudas no que nin tan sequera teñen interese en participar
  • Asegura que os alcaldes de PSOE e BNG terán que explicar ante os seus veciños por que renuncian por partidismo a solicitar obradoiros de emprego ou poñer en marcha as brigadas municipais contra incendios, financiadas nun 75% pola Xunta

 

Lugo, 4 de xaneiro de 2013.- O deputado do Grupo Popular e secretario do Parlamento galego, Jose Manuel Balseiro, denunciou hoxe que a Deputación de Lugo deixa en evidencia á gran maioría dos alcaldes socialistas e nacionalistas na loita contra o desemprego.

O dirixente popular explica que cada vez que desde o organismo provincial denuncian unha falsa discriminación da Xunta aos alcaldes socialistas e nacionalistas en realidade, pretenden disimular a súa falta de xestión, por exemplo, coa actitude dunha gran maioría dos rexedores do PSOE e do BNG que nin tan sequera solicitaron os obradoiros de emprego que oferta a Xunta a sabendas de que, de facelo, poderían beneficiar aos seus veciños desempregados.

NO 70% DOS CASOS NON PEDIRON OBRADOIRO

O parlamentario popular quixo ofrecer datos que demostran a veracidade da súa denuncia e explicou que nos últimos tres anos (período 2010-2013) en preto do 70% dos casos os concellos gobernados por PSOE e BNG nin tan sequera solicitaron obradoiros de emprego, polo que dificilmente puideron ser discriminados nun programa de axudas no que nin tan sequera quixeron participar.

Así por exemplo dixo que 10 concellos como son os de Viveiro, Castroverde, A Pontenova, Pobra do Brollón, O Incio, Pol, Samos, Riotorgo, Ribas de Sil e Negueira nunca solicitaron da Xunta un obradoiro de emprego, nas últimas tres anualidades. E no caso de A Fonsagrada, Monterroso, A Pastoriza, Cervantes, Navia, Pedrafita só o fixeron nunha ocasión das tres oportunidades dispoñibles.

Este tipo de actitude de boicot dos rexedores do PSOE e BNG ante os programas da Xunta para a creación de emprego, tamén tivo lugar noutras iniciativas, incluso cando non se trata de axudas de concorrencia competitiva, como foi o caso das brigadas municipais contraincendios, concellos como Becerreá, O Incio, Castroverde, Monforte e Pol renunciaron a estas axudas, a pesar de que a Xunta financiaba ata o 75% do custo de contratación destes traballadores

OS ALCALDES TERÁN QUE EXPLICARSE

Balseiro considera que nun momento de crise, no que as políticas de fomento do emprego son indispensables, os alcaldes do PSOE e do BNG terán que explicar ante os seus veciños como é posible que neste momento renuncien a solicitar un obradoiro de emprego, tendo oportunidade de facelo ou como renuncias ás axudas para as brigadas municipais, sobre todo tendo en conta que permitirían a contratación de entre 3 e 6 traballadores financiados nun 75% pola Xunta, volveu a  lembrar.

PLAN DE COOPERACIÓN

O parlamentario tamén indicou que, a diferenza do que fai a Deputación, que discrimina e exclúe a moitos concellos da provincia do seus plan de emprego, a Xunta colabora con todos os municipios lucenses, con independencia da cor política do seu alcalde, outorgando axudas para a contratación de desempregados a través do plan de cooperación,

Balseiro rematou sinlando que as políticas da Xunta en materia de loita contra o desemprego chegaron a máis de 2.564 lucenses no ano que vén de rematar, o 2013, a través des distintos programas como foron os plan de cooperación, os obradoiros de emprego ou os cursos de formación para desempregados ADF