A Xunta lidera as políticas de fomento do emprego sen discriminación

O deputado popular nega -por ser falso- o insistente argumento empregado polo bipartito provincial e demostra -con datos oficiais- que non existe discriminación algunha aos alcaldes socialistas e nacionalistas

BALSEIRO LEMBRA QUE SÓ NOS ÚLTIMOS TRES ANOS OS CONCELLOS GOBERNADOS POLO PSOE E BNG RECIBIRON MÁIS DE 5 MILLÓNS DE EUROS EN AXUDAS PARA A CREACIÓN DE EMPREGO A TRAVÉS DO PLAN DE COOPERACIÓN  

Balseiro

  • A todos estes conceptos habería que sumar as axudas recibidas da Xunta para a posta en marcha de obradoiros de emprego e cursos de formación para desempregados
  • Empraza á Deputación a indicar que datos destes non son certos e lembra que as contías do Plan de Cooperación da Xunta son publicadas no DOG adquirindo total oficialidade

 

Lugo, 11 de xaneiro de 2013.- Só nas últimas tres anualidades os concellos lucenses gobernados por PSOE e BNG recibiron da Xunta 5 millóns de euros en axudas para a creación de emprego a través do Plan de Cooperación.

Así o explicou hoxe do deputado popular Jose Manuel Balseiro quen, negou -por ser falso- o insistente argumento empregado polo bipartito provincial e demostrou -con datos oficiais- que non existe discriminación algunha aos alcaldes socialistas e nacionalistas.

Balseiro explicou que o plan de cooperación da Xunta subvenciona a todos os concellos lucenses, sen excepción e con independencia da cor política do alcalde de turno, achegando recursos para a contratación de traballadores desempregados para realizar diversas labores de interese social.

A XUNTA LIDERA OS APOIOS PARA A CREACIÓN DE EMPREGO

Os rexedores socialistas, nacionalistas e independentes dispuxeron durante os anos 2011, 2012 e 2013 de 5.089.272,18 euros en axudas do Goberno galego para desenvolver estas contratacións. A esta liña de apoios habería que sumar as axudas recibidas da Xunta para a posta en marcha de obradoiros de emprego e cursos de formación para desempregados

Balseiro cualificou de absurdo que a Deputación fale de discriminación de rexedores do PSOE e BNG nas axudas da Xunta cando os datos demostran que a Xunta lidera os apoios constantes en materia de fomento do emprego

CHAMAMENTO Á DEPUTACIÓN

Ante a contundencia dos datos ofrecidos Balseiro quixo retar á Deputación de Lugo a que demostre onde está a discriminación e lembrou que mentres a Xunta chega a todos os concellos da provincia sen excepción, a administración provincial executa programas excluíntes como o Plan de emprego que non é capaz de garantir -pese a estar financiado con recursos públicos- a igualdade de oportunidades entre os concellos e desempregados lucenses.

Balseiro lembra que os datos do Plan de Cooperación son publicados no Diario Oficial de Galicia e adquiren total oficialidade, e non cabe interpretacións sesgadas dos mesmos como pretende facer a Deputación cando fala dunha falsa discriminación.