Centros educativos

Jose Manuel Balseiro salienta que o obxectivo do Goberno galego é promover unha alimentación saudable desde a infancia, polo que as froitas deberán ser preferentemente froitas frescas de tempada obtidas en Galicia

Vinte e cinco centros educativos da provincia de Lugo recibirán axudas da Consellería do Medio Rural para promover o consumo de froita fresca entre o alumnado

untitled

  • A iniciativa está dirixida aos alumnos e alumnas de Educación Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria e contará cunha achega por parte do departamento autonómico de preto de 12.000 euros

  

Lugo, 16 de xaneiro de 2013.- O deputado do Grupo Popular e secretario do Parlamento galego, Jose Manuel Balseiro valorou hoxe a achega da Consellería do Medio Rural e do Mar da que se verán beneficiados vinte e cinco centros educativos da provincia de Lugo para promover o consumo de froita fresca entre o alumnado.

 COLEXIOS E INSTITUTOS

 A iniciativa, financiada con cargo ao Fondo de Garantía Agraria, en colaboración coas consellerías de Cultura e Ordenación Universitaria e de Sanidade diríxese aos alumnos e alumnas de Educación Infantil de segundo ciclo, de Educación Primaria e de Educación Secundaria Obrigatoria dos centros que teñan solicitado a súa participación neste programa.

 FROITAS GALEGAS PARA DISTRIBUIR NOS RECREOS

 A Xunta outorga unha axuda por alumno e alumna e por día lectivo para a distribución de froita fresca no recreo, durante períodos de cinco días lectivos consecutivos. A duración desta iniciativa virá determinada polo propio centro escolar, que elaborará a proposta.

 O obxectivo deste proxecto é promover unha alimentación saudable desde a infancia, polo que as froitas deberán ser preferentemente froitas frescas de tempada obtidas en Galicia empregando sistemas de produción sustentables e deberán ser de excelente calidade e óptimo grao de madureza.

Balseiro tamén lembrou que, do mesmo xeito a este programa, desde o departamento autonómico tamén se convocan anualmente axudas para o subministro de leite e determinados produtos lácteos aos alumnos.

No seguinte cadro detállanse os centros educativos beneficiarios das axudas na nosa comarca cun investimento previsto de preto de 12.000 euros

CEIP   Virxe da Soidade

Lugo

CPI   Dr. López Suárez

Friol

CEP   Lois Tobío

Viveiro

IES   Fontem Albei

A Fonsagrada

CEIP   Santa María

A Fonsagrada

IES   Xograr Afonso Gómez

Sarria

CPI   Tino Grandío

Guntín

CEIP   San Miguel de Reinante

Barreiros

CEIP   da Pobra do Brollón

Pobra do Brollón

CPI   Virxe do Monte

Cospeito

IES   Muralla Romana

Lugo

CEIP   Rosalía de Castro

Lugo-Bóveda-Pol

CPI   Ramón Piñeiro

Láncara

CEIP   de Foz núm. 1

Foz

CEIP   Benigno Quiroga Ballesteros

Lugo

CEIP   Otero Pedrayo

Rábade

CEIP   de Covas

Viveiro

IES   Illa de Sarón

Xove

CPR   A Milagrosa

Lugo

CEIP   Eduardo Cela Vila

Triacastela

CEIP   Terra Chá

Vilalba

CPI   Uxío Novoneira

Pedradita   do Cebreiro

CPI   Poeta Uxío Novoneyra

Folgoso do Courel

IES   Vilar Ponte

Viveiro

CPI   Dr. López Suárez

Saviñao