Obradoiros 2014

O deputado popular lembra que concellos gobernados polo PSOE como Lugo capital e polo BNG como Mondoñedo, OU r beneficiáronse dos obradoiros de emprego autonómicos, “proba de que non existe discriminación”

BALSEIRO LEMBRA AO PSOE QUE TODOS OS CONCELLOS DA PROVINCIA PODEN PARTICIPAR NOS OBRADOIROS DE EMPREGO DA XUNTA

529651_417286685033624_299129873_n

 

  • A diferenza do que acontece co Plan de emprego da Deputación que deixa fóra a 9 de cada 10 lucenses en paro e a 55 dos 67 concellos da provincia, que nin tan sequera poderán participar na selección

 

Lugo, 17 de xaneiro de 2014.- O deputado  autonómico, Jose Manuel Balseiro lembrou ao PSOE que todos os concellos da provincia poderán participar nos obradoiros de emprego da Xunta.

O Goberno galego, a diferenza do que fai a Deputación de Lugo, elaborou unhas bases de convocatoria que abren a porta a calquera municipio lucense, sen exclusión, para que poida solicitar –so ou en compañía doutros- un obradoiro de emprego.

A DEPUTACIÓN MAL EXEMPLO

O popular amosou a súa sorpresa ante as críticas dos socialistas, tendo en conta ademais que “veñen dun partido que alí onde goberna, na Deputación de Lugo, non é exemplo de apoios aos desempregados senón todo o contrario”.

Balseiro quixo lembrarlles que o partido de Besteiro elaborou unhas bases que, tal e como se corroborou na realidade, deixan fóra do Plan de emprego provincial a 9 de cada 10 lucenses en paro e a 55 dos 67 concellos da provincia, que nin tan sequera poderán participar na selección

LUGO E MONDOÑEDO

Balseiro tamén quixo poñer tres exemplos que demostran que non existe discriminación algunha nas bases que rexen os obradoiros da Xunta: Neste senso lembrou que Lugo capital -onde hai un alcalde do PSOE-, Mondoñedo –onde hai un alcalde do BNG- ou Rábade –con alcalde independente- foron tres localidades nas que os seus veciños en paro puideron beneficiarse dos obradoiros da Xunta

Balseiro tamén replicou ao PSOE que “o PP no ten a culpa de que os socialistas gobernen poucos concellos na provincia. E indicou que son os cidadáns os que, co seu voto, amosan que non confían no PSOE á vista dos malos resultados electorais que colleitan”

NON OS SOLICITARON

 O dirixente popular rematou lembrando que a falta de confianza e apoio electoral no PSOE e BNG é moi lóxica vendo como actúan. E nesa liña lembrou que “os mesmos que se están a queixar de que non reciben obradoiros á hora da verdade sabemos que o 90% das ocasións, os concellos gobernados por PSOE e BNG nin tan sequera as solicitan.

Recuperando datos xa coñecidos Balseiro lembrou que así aconteceu, por exemplo, nos tres últimos anos, cando 10 concellos como son os de Viveiro, Castroverde, A Pontenova, Pobra do Brollón, O Incio, Pol, Samos, Riotorgo, Ribas de Sil e Negueira nunca solicitaron da Xunta un obradoiro de emprego. E no caso de A Fonsagrada, Monterroso, A Pastoriza, Cervantes, Navia, Pedrafita só o fixeron nunha ocasión das tres oportunidades dispoñibles.