Datos EPA

O secretario xeral dos populares lucenses, Jose Manuel Balseiro, di que o bipartito lucense está a negarse a colaborar coa Xunta para promover iniciativas que contribúan a xerar oportunidades laborais

A DEPUTACIÓN NON PODE DAR LECCIÓNS EN MATERIA DE EMPREGO TENDO EN CONTA QUE DISCRIMINA AOS PARADOS EN FUNCIÓN DO LUGAR NO QUE RESIDAN 

529651_417286685033624_299129873_n

  •  Lembra que a provincia de Lugo mantén un diferencial positivo en relación ao resto de España e de Galicia, cunha taxa de desemprego inferior á media
  • Desde o PP din que seguirán traballando con esforzo e intensidade ante o primeiro reto do país, a loita contra o desemprego e insisten en que, mentres haxa un parado hai un drama que cómpre corrixir cos esforzos de todas as administracións

 

Lugo, 25 de xaneiro de 2014.- O secretario xeral do Partido Popular na provincia de Lugo, Jose Manuel Balseiro quixo saír ao paso das críticas efectuadas desde a Deputación de Lugo á Xunta en relación cos datos da EPA (Enquisa de Poboación Activa), sinalando que os integrantes do bipartito provincial son os menos indicados para dar algún tipo de leccións no ámbito do emprego, tendo en conta que desde a Deputación se discrimina aos parados en función do lugar no que residen.

Balseiro sinala que, a diferenza do resto das deputacións galegas a de Lugo négase a colaborar coa Xunta para promover iniciativas que contribúan a xerar oportunidades laborais. Pola contra, pon en marcha, de xeito unilateral, un contestado plan de emprego, do que deixa fóra e do que non poden beneficiarse a maioría dos parados da provincia e 55 dos 67 concellos lucenses.

GALICIA EN MELLOR POSICIÓN

En relación cos datos da EPA coñecidos nas pasadas datas, Balseiro dixo que a provincia de Lugo mantén un diferencial positivo, en relación co resto de Galicia e de España. Así mentres Lugo ten un 19,22% de parados a media de Galicia é do 21,96% e de España do 26,3%, isto significa que Lugo é a provincia cunha taxa de desemprego máis baixa. Ademais, na nosa comunidade aínda que hai un repunte no último trimestre este é a menor suba na enquisa de poboación activa desde o ano 2005.

O PRIMEIRO RETO DO PAÍS

Con todo desde o Partido Popular queren insistir en que ningunha cifra pode ser completamente satisfactoria xa que, mentres haxa un parado hai un drama que debe concentrar os esforzos de todas as administracións e, neste senso, insistiu que para a Xunta de Galicia está a esforzarse no combate ao desemprego, unha tarefa, na que botan en falta maior implicación e apoio por parte da Deputación de Lugo

Balseiro insta á Deputación a deixar de facerse fotos e realizar agasallos aos seus afíns e unirse á Xunta para colaborar e atallar o desemprego, insisten, a prioridade número un do Goberno galego.