• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Datos EPA
Confrarías galegas »

Titulacións pesqueiras

25, Xaneiro 2014 por Admin B

Deste xeito o Goberno central cumpre un dos compromisos máis demandados polos profesionais do mar e fai realidade o mandato liderado polo Parlamento galego e a Xunta para a modernización e adaptación á realidade da lexislación no ámbito marítimo-pesqueiro

BALSEIRO APLAUDE A NOVA REGULACIÓN ESTATAL QUE SIMPLIFICA E HOMOLOGA A NIVEL INTERNACIONAL AS TITULACIÓNS PROFESIONAIS DO SECTOR PESQUEIRO

 bb

  • A normativa inclúe tamén o procedemento para a obtención dos certificados de profesionalidade para valorar a experiencia e así obter o correspondente título profesional

 

 

Santiago, 25 de xaneiro de 2014.- O portavoz do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, aplaudiu hoxe a decisión do Consello de Ministros de aprobar o novo Real Decreto polo que se regulan os títulos profesionais do sector pesqueiro e se establecen as condicións básicas para a súa obtención e as atribucións de cada unha das titulacións.

 O parlamentario popular lembrou que o Goberno central cumpre así un dos compromisos máis demandados polos profesionais do mar que observaban como, ata o de agora, os seus títulos profesionais estaban regulados nunha lexislación moi dispersa e, incluso nalgúns aspectos, obsoleta.

CERTIFICDOS DE PROFESIONALIDADE

 Á espera da publicación definitiva do texto no Boletín Oficial do Estado (BOE)  -que determinará a súa entrada en vigor- a nova normativa acomete, por primeira vez desde 1960, unha simplificación e unificación en materia de titulacións profesionais do sector pesqueiro, ao tempo que se establece a canle para a homologación dos certificados de profesionalidade.

Precisamente este foi un dos aspectos máis destacados polo portavoz popular do Mar, xa que logo, se establece o procedemento para que os profesionais do mar que veñen desempeñando unhas tarefas respecto das que non dispoñían de titulación regrada específica, poidan obter o correspondente título profesional previa valoración dos seus coñecementos e da súa experiencia.

A normativa introduce tamén a posibilidade transitoria de que aqueles profesionais que superaron os exames da antiga formación de adultos poidan presentar os correspondentes períodos de embarque e obter, así, o correspondente título profesional.

HOMOLOGACIÓN INTERNACIONAL

Finalmente Balseiro indicou que, segundo as informacións adiantadas polo Consello de Ministros, o novo Real Decreto cumpre outras das aspiracións máis recorrentes do sector pesqueiro como é a introdución na lexislación española das previsións dispostas no Convenio Internacional sobre normas de formación, titulación e garda para o persoal dos buques pesqueiros (STCWF-1995), ratificado por España en 2008.

O seu obxectivo é promover a seguridade da vida humana no mar e a protección do medio mariño. Para iso establece normas internacionais para que o persoal enrolado nos buques pesqueiros de navegación marítima teña a competencia e a aptitude debidas para desempeñar as súas funcións.

 GALICIA LIDERA ÁS INICIATIVAS

Balseiro,nunha primeira valoración de urxencia á espera de coñecer o texto definitivamente aprobado, indicou que o Goberno do Central da un paso adiante, dentro do seu compromiso constante coa modernización de toda a normativa no ámbito profesional martímo-pesqueiro e, nesa liña, lembrou que foi o PP quen en Galicia, da man da Xunta e dos profesionais, liderou a petición, para que se acometan reformas e adaptacións á realidade presente das normativas sobre titulacións e tripulacións mínimas, ambas na axenda do Goberno.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en PESCA |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Xaneiro 2014
    L M M X V S D
     12345
    6789101112
    13141516171819
    20212223242526
    2728293031  
    « Dec   Feb »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: