Escolas de Música

O deputado popular sinala o recoñecemento do Goberno galego a estas administracións locais que veñen desenvolvendo unha importante labor coa iniciativa de creación e co sostemento de centros públicos que imparten as ensinanzas de música

 Balseiro salienta os apoios da Xunta ás escolas de música de cinco concellos da Mariña lucense

 Jose Manuel Balseiro Orol

  • Os beneficiarios son os concellos de Burela, Foz, A Pontenova, Ribadeo e Xove con importes que varían en función de criterios obxectivos tales como o número do alumnado matriculado, o número de especialidades instrumentais impartidas, o número do profesorado e tempo de dedicación, as dimensións das instalacións e o volume do orzamento dos centros

Lugo, 31 de xaneiro de 2014.- O deputado do Grupo Parlamentario Popular e secretario do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro, quixo poñer en valor hoxe os apoios que a Xunta de Galicia da ás escolas de música de cinco concellos da Mariña lucense.

 O parlamentario mariñán sinala o recoñecemento do Goberno galego aos esforzos que están a facer estas administracións locais que veñen desenvolvendo unha importante labor coa iniciativa de creación e sostemento de centros públicos que impartes as ensinanzas de música.

Concello

Escola   de música

Importe

Burela Escola M. de Música de Burela

1.661,72   €

Foz Escola M. de Música de Foz

1.703,71   €

Pontenova, A Escola M. de Música da Pontenova

1.292,24   €

Ribadeo Escola M. de Música e Danza de Ribadeo

3.313,25   €

Xove Escola M. de Música de Xove

1.015,93   €

Total

8.986,85 €

 CRITERIOS OBXECTIVOS

Balseiro lembra que a resolución destas axudas, que responden a unha solicitude previa dos concellos beneficiarios, son de distinta contía en función da valoración de criterios obxectivos tales como: o número do alumnado matriculado, o número de especialidades instrumentais impartidas, o número do profesorado e tempo de dedicación, as dimensións das instalacións e o volume do orzamento dos centros.

FORMACIÓN NON REGRADA

Salienta finalmente o deputado que o Goberno galego ten identificado unha notable demanda das ensinanzas de música e por iso estableceu esta convocatoria de axudas para dar a posibilidade de cursar estas ensinanzas e realizar unha formación non regrada nestas escolas.