• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Emprego
Opinión »

Flota costeira artesanal

4, Febreiro 2014 por Admin B

Os populares buscan na Comisión de Pesca que terá lugar mañá mércores o apoio das forzas políticas do Parlamento de Galicia en defensa deste sector, o de artes menores e marisqueo, que só na nosa comunidade xera entorno a 27.000 empregos

O GRUPO POPULAR QUERE AMPLIAR O NÚMERO DE BENEFICIARIOS DAS FUTURAS AXUDAS EUROPEAS PARA A FLOTA COSTEIRA ARTESANAL

PropA

  • O obxectivo é incluír dentro da definición deste sector ás embarcacións de entre 12 e 15 metros de eslora, sempre que cumpran outros requisitos como pode ser a duración das mareas, a proximidade do caladoiro á costa -dentro do mar territorial- ou, incluso, o tipo de artes que empregan

 Audio declaración de Jose Manuel Balseiro 

Santiago, 04 de febreiro de 2014.- O portavoz do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, explicou hoxe que a súa formación política quere ampliar o número de beneficiados que, con preferencia, poderán optar ás futuras axudas europeas previstas para a flota costeira artesanal.

Os populares defenderán unha proposición non de lei, durante a sesión prevista para mañá mércores día 5 de febreiro da Comisión de Pesca do Parlamento de Galicia, na que buscan acadar un acordo unánime das forzas políticas para dirixirse as institucións comunitarias e pedirlle que amplíe a definición deste segmento de flota para que inclúa a realidade das embarcacións artesanais galegas.

Balseiro explica que para lograr esta obxectivo pedirán a Europa que sume dentro dos destinatarios preferentes das axudas do futuro Fondo Martímo-Pesqueiro tamén ás embarcacións  de entre 12 e 15 metros de eslora, sempre que cumpran outros requisitos como pode ser a duración das mareas, a proximidade do caladoiro á costa -dentro do mar territorial- ou, incluso, o tipo de artes que empregan. Polo momento as institucións comunitarias reducen a consideración de flota pesqueira artesanal a aquelas embarcacións de ata 12 metros de eslora.

“En Galicia, hai un importante número de embarcacións que superan estes límites –de entre 12 e 15 metros- pero que tamén forman parte do que poderíamos definir como unha actividade de baixura artesanal” -dixo Balseiro- quen lembrou que os profesionais desta flota “pasan as mesmas horas no mar, compartindo incluso caladoiros de pesca, e artes, pero estarían a encadrarse en categorías diferentes por superar uns metros o límite de medida, o que implica tamén, que non poderían acceder ás partidas principais do novo instrumento financeiro europeo”

BENEFICIARIOS 700 EMBARCACIÓNS

Segundo as estimacións que manexan os populares só en Galicia entorno a 700 embarcacións poderían sumarse á súa consideración como flota artesanal pese a que hoxe non teñen esta consideración: Uns 560 barcos que miden entre 12 e 15 metros de eslora, dos que 357 son embarcacións auxiliares da acuicultura. Pola contra, para Bruxelas outras 3.872 embarcacións si poderían obter ese recoñecemento. Balseiro lembrou que o sector, o de artes menores e marisqueo que coas súas prácticas artesanais poñen en valor as nosas capturas e xeran entorno a 27.000 empregos na nosa comunidade.

“Estamos a pedir, en definitiva, que o conxunto da flota artesanal pesqueira galega, na súa composición real, poida beneficiarse das axudas do novo Fondo Marítimo Pesqueiro. Pedimos, máis axudas para a nosa pesca”- concluíu Balseiro- tras insistir na importancia de que sexa Galicia, quen lidere, con este acordo no Parlamento, esta reivindicación ante Bruxelas, que xa foi obxecto de debate, durante a discusión do novo instrumento financeiro a proposta da Xunta e do Ministerio pero, que polo momento, non foi atendido pola Unión Europea.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Febreiro 2014
    L M M X V S D
     12
    3456789
    10111213141516
    17181920212223
    2425262728  
    « Xan   Mar »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: