• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Flota costeira artesanal
Comisión de Pesca: 5 de febreiro »

Opinión

4, Febreiro 2014 por Admin B

 << Máis e mellor comunicados >>

image_gallery

 A autovía do Cantábrico é, como definiron o presidente Alberto Núñez Feijóo e a ministra Ana Pastor a nova porta que abre Galicia, pero tamén esa infraestrutura que garante unha Mariña lucense máis e mellor comunicada.

A culminación da autovía do Cantábrico, coa apertura ao tráfico dos últimos dous tramos pendentes de executar (Mondoñedo-Lindín e Lindín-Careira) converteuse nunha boa nova para o conxunto da comarca da Mariña lucense, por canto contribúe a dotarnos dunha infraestrutura de comunicación vital, propia do século XXI, que vén a dar solución ao inaceptable illamento nas nosas conexións viarias .

 Non e arriscado, senón sensato, equiparar a inauguración da autovía no seu traxecto completo co avance que no seu día supuxo, noutros ámbitos, a apertura do Hospital da Costa, ou a posta en marcha do conglomerado empresarial de Alumina-Aluminio, hoxe Alcoa, por canto todas estas iniciativas foron configuradas para converterse nun motor social, económico, industrial e, no caso concreto da autovía, nun traxecto capaz de servir de imán para atraer novas oportunidades á principal comarca da provincia.

 A iniciativa adquire máis relevancia, se cabe, tendo en conta o contexto no que as administracións gobernadas polo Partido Popular deron cumprimento do seu compromiso coa comarca. A crise económica e os axustes orzamentarios non foron obstáculo, grazas á firme vontade dos actuais gobernantes, para apostar pola culminación dunha infraestrutura que supuxo un investimento estatal de 720 millóns de euros. Executáronse uns traxectos que constituían todo desafío de enxeñaría polas dificultades técnicas e orográficas que había que superar: desniveis, movementos de terra, construción de amplos viaductos. Só os dous tramos abertos, acapararon o 27% do orzamento total, o que da boa mostra das razóns polas que esixían un reforzado esforzo.

 Queda pendente o reto de facer realidade o corredor costeiro, que completará a rede de comunicación da nosa comarca, contribuirá a unha mellor vertebración dos concellos occidentais e á conexión coa rede viaria de alta velocidade. Nese obxectivo, e en seguir avanzando e facendo realidade aqueles proxectos que outros non souberon ou non quixeron atender, ou que incluso someteron ao esquecemento, centraremos os novos esforzos e compromisos do Partido Popular.

 A autovía do Cantábrico é, como definiron o presidente Alberto Núñez Feijóo e a ministra Ana Pastor a nova porta que abre Galicia, pero tamén esa infraestrutura que garante unha Mariña lucense máis e mellor comunicada.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Febreiro 2014
    L M M X V S D
     12
    3456789
    10111213141516
    17181920212223
    2425262728  
    « Xan   Mar »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: