Comisión de Pesca: 5 de febreiro

Os populares reiteran esta petición diante das institucións comunitarias porque reflicte as demandas dos profesionais do sector e é obxectivamente beneficiosa para a flota galega

O PARLAMENTO GALEGO APROBA A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR PARA PEDIR A UNIÓN EUROPEA QUE RECOÑEZA COMO FLOTA ARTESANAL AOS BARCOS DE BAIXURA DE ATA 15 METROS DE ESLORA

 Marcolax

  • O obxectivo perseguido polos populares galegos, e defendido tamén polos Gobernos galego e español, é que estas embarcacións podan recibir con preferencia as axudas establecidas no novo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
  • Nacionalistas e a coalición AGE non apoiaron acadar unha definición máis ampla de flota artesanal que beneficiaría a entorno a 700 embarcacións só en Galicia

 

Santiago, 5 de febreiro de 2014.- O Parlamento galego aprobou, na sesión que tivo lugar está mañá da Comisión de Pesca e Marisqueo, a iniciativa impulsada polo Grupo Popular para pedir a Unión Europea que recoñeza como flota artesanal aos barcos de baixura de ata 15 metros de eslora.

 O portavoz do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro defendeu a necesidade dunha definición máis ampla da flota artesanal na que no só se inclúa –como ata o de agora- as embarcación de ata 12 metros, senón tamén aquelas que cumpran outros requisitos como pode ser a curta duración das mareas, a proximidade do caladoiro á costa -dentro do mar territorial- ou, o tipo de artes que empregan.

 Balseiro explicou que o obxectivo perseguido polos populares galegos, e defendido tamén polos Gobernos galego e español é que estas embarcacións tamén poidan converterse en destinatarios preferentes das axudas establecidas no Regulamento do novo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca que rexerá durante o período 2014-2020 e que prioriza os apoios á flota artesanal.

Os populares queren seguir dando a batalla en Europa –pese ao rexeitamento inicial da proposta do Ministerio- ante a necesidade dun tratamento diferenciado para a flota artesanal, que incorpore medidas que permitan acadar un financiamento mellorado para o axuste do esforzo pesqueiro, á reconversión das embarcacións, e a aplicación de medidas de xestión propias, aplicables especificamente á flota de menos de 15 metros de eslora ou que realicen mareas de menos de 24 horas.

 BNG E AGE ENCONTRA DUNHA DEMANDA DO SECTOR

Balseiro lamentou que unha vez máis, BNG e AGE non se sumaran a esta iniciativa –que si contou cos votos favorables dos deputados do do Grupo autor, o PPdeG, e do PSOE- tendo en conta que reflectía unha reclamación dos profesionais do sector pesqueiro galego. Tamén  quixo lembrarlles que segue a ser unha petición perfectamente útil porque aínda que xa está aprobado o novo modelo de axudas europeas, en calquera momento, a iniciativa da Eurocámara pode modificarse.

“Estou seguro que os profesionais da nosa pesca tomarán boa nota. Deputados nacionalistas e da coalición AGE non apoian a posibilidade acadar unha definición máis ampla de flota artesanal que beneficiaría a entorno a 700 embarcacións só en Galicia: dos que 357 son embarcacións auxiliares da acuicultura”- significou Balseiro.

Os populares seguirán traballando para lograr as axudas o financiamento preferente dun sector, o de artes menores e marisqueo, que coas súas prácticas artesanais poñen en valor as nosas capturas e xeran entorno a 27.000 empregos na nosa comunidade.