• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Comisión de Pesca: 5 de febreiro
Conservación e xestión de recursos mariños »

Infraestruturas

5, Febreiro 2014 por Admin B

Os populares emendarán a iniciativa que os nacionalistas propuxeron no Parlamento de tal xeito que reflicta as actuacións previstas por Fomento e pola CMATI

BALSEIRO DEFENDE QUE O BNG “CHEGA TARDE” PORQUE XA EXISTE UN COMPROMISO FIRME DA XUNTA PARA O ARRANXO DA LU-124

 Sin título

  • As xestións do PP fixeron posible que Fomento xa contratase as obras complementarias que mellorarán o enlace coa autovía, solucionarán as escorrentas e repararán os treitos danados pola maquinaria de construción nesta estrada, e que a Xunta poida executar antes de que finalice o ano en curso a mellora urxente do tramo Mondoñedo-Lindín

 

Santiago, 05 de febreiro de 2014.- O deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, considera que a iniciativa do BNG sobre o arranxo da estrada LU-124 “xa non ten sentido e chega tarde”  agora que xa existe “un compromiso firme” do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, para executar, dentro deste ano en curso, as  obras de acondicionamento e mellora do firme desta estrada, no tramo que une Mondoñedo coa A-8 en Lindín.

 Os populares consideran que os nacionalistas pretenden “subirse a carro” e “saír na foto” da reclamación destas obras de arranxo, a sabendas de que xa están comprometidas tanto polo Ministerio de Fomento como pola Xunta, e o fan agora “de xeito extemporáneo” por “oportunismo político” e coa única finalidade de “deslucir o avance que supón para o conxunto da comarca a culminación da autovía do Cantábrico.

 “Proba do nulo interese que o BNG tiña nesta obra é que rexistraron a súa iniciativa parlamentaria en maio de 2013, pero non a incluíron para o seu debate en Comisión ata agora, oito meses despois, coincidindo coa inauguración da autovía e sólo por intentar apuntarse o tanto”

O PP APOIOA O PROGRAMA DE ACTUACIÓNS

Balseiro considera que os nacionalistas terán moi complicado enganar aos veciños “porque teñen memoria” e son plenamente conscientes de que a pesar de herdaron un proxecto construtivo xa redactado, na época de goberno de Manuel Fraga, durante a época do bipartito non se fixo nada nesta estrada (a excepción dunha pequena reposición de beirarrúas na Avenida Buenos Aires de Mondoñedo)

Pola contra as xestións dos populares e os compromisos adquiridos polas administracións nas que teñen responsabilidade de goberno, permiten coñecer un programa de actuacións concreto, dirixido á mellora desta estrada autonómica.

Balseiro explicou que o aspecto actual que presenta o tramo ao seu paso por Mondoñedo da LU-124 é consecuencia directa da intensidade de circulación de vehículos pesados que traballaron na construción da autovía A-8. Tamén indicou que tanto para corrixir esta situación como dar solución ao problema das escorrentas o Ministerio de Fomento xa orzamentou e contratou estas actuacións e a propia mellora do enlace coa nova autovía.

O deputado aclara que será despois de rematadas as obras de Fomento cando a Xunta de Galicia acometa con carácter de urxencia e dentro do ano en curso a execución dun proxecto de rehabilitación do firme da LU-124 no treito, Mondoñedo-Lindín e inmediatamente despois, cando execute a mellorara integral estrada autonómica.

Os populares rexistrarán unha emenda á iniciativa do BNG na que se recolle esta programación dos traballos e anuncian que, no caso de que os nacionalistas non acepten esta proposta, será o Grupo Popular quen someta á aprobación do Parlamento a súa propia iniciativa.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en INFRAESTRUTURAS |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Febreiro 2014
    L M M X V S D
     12
    3456789
    10111213141516
    17181920212223
    2425262728  
    « Xan   Mar »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: