Comisión de Infraestruturas

A alternativa proposta defendida por Jose Manuel Balseiro incluía os compromisos xa adquiridos polas distintas administracións para a mellora deste viario

O GRUPO POPULAR LAMENTA QUE O BNG SE NEGARA A CONSENSUAR UNHA EMENDA PARA SOLICITAR A MELLORA DA ESTRADA LU-124

 Jose Manuel Balseiro Orol

  • Jose Manuel Balseiro lembra que tanto as actuacións previstas por Fomento (de inminente execución) como os compromisos adquiridos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (a executar tras as obras de Fomento) levaranse a cabo antes de que finalice este ano

  

Santiago, 6 de febreiro de 2014.- O deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, lamenta que os deputados do BNG se negasen esta mañá no Parlamento de Galicia a consensuar unha emenda na que se solicitaba a mellora da estrada LU-124. A alternativa defendida polos populares incluía os compromisos xa adquiridos polas distintas administracións para a mellora deste viario.

 Os populares xa adiantaron que ante esta posición intransixente do BNG someterán á aprobación do Parlamento a súa propia iniciativa, xa rexistrada na Cámara galega, e que inclúe o programa de actuacións previstas tanto por Fomento (xa contratadas e de inminente execución) como pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e se levaran a cabo antes de que finalice este ano.

 O deputado do Grupo Popular defendeu que a iniciativa do BNG sobre o arranxo da estrada LU-124 “chega tarde” e se formula agora –con ata 8 meses de retraso respecto da data na que os nacionalistas a rexistraron– con “oportunismo político” e coa única finalidade de “deslucir o avance que supón para o conxunto da comarca a culminación da autovía do Cantábrico.

O PP APOIOA O PROGRAMA DE ACTUACIÓNS

Balseiro volveu a lembrar que fronte aos compromisos firmes das administracións actuais gobernadas polo PP, os veciños, “que teñen memoria” lembrarán que durante a etapa de Goberno bo bipartito na Xunta, pese a herdar un proxecto construtivo xa redactado polo executivo Manuel Fraga, non se fixo nada nesta estrada (a excepción dunha pequena reposición de beirarrúas na Avenida Buenos Aires de Mondoñedo). A esta razón atribuíu o fracaso da concentración promovida polo BNG e polo PSOE, con ocasión da inauguración da autovía “que non mobilizou nin aos seus propios concelleiros”

PROGRAMACIÓN DE ACTUACIÓNS

Na súa exposición, Balseiro explicou que o aspecto actual da LU-124 no tramo ao seu paso por Mondoñedo é consecuencia directa da intensidade de circulación de vehículos pesados que traballaron na construción da autovía A-8. Tamén indicou que tanto para corrixir esta situación como dar solución ao problema das escorrentas o Ministerio de Fomento xa orzamentou e contratou as súas obras tal e como preflicte o BOE do 28/11/2013

O deputado aclara que, segundo o cronograma previsto, será despois de rematadas as obras de Fomento cando a Xunta de Galicia acometa con carácter de urxencia e dentro do ano en curso a execución dun proxecto de rehabilitación do firme da LU-124 no treito, Mondoñedo-Lindín e inmediatamente despois, cando execute a mellorara integral estrada autonómica.