Conservación e xestión de recursos mariños

O voceiro do Mar do Grupo Popular sinala que o obxecto destas axudas é mellorar as condicións de vida e traballo dos profesionais da pesca e do marisqueo e que contribúen á conservación do medio mariño e as súas especies

BALSEIRO PON EN VALOR OS PRETO DE 132.720 EUROS QUE RECIBIRÁN AS CONFRARÍAS DA MARIÑA LUCENSE PARA IMPULSAR INICIATIVAS DE XESTIÓN E CONSERVACIÓN DOS RECURSOS MARIÑOS

Xarda

  • Os proxectos presentados polas confrarías de Burela (14.520€), Vicedo (37.320), San Ciprián (14.520€) Ribadeo (51.840€) e Celeiro (14.520 €) recibirán o apoio da Xunta

 Declaracións de Jose Manuel Balseiro

Santiago, 6 de febreiro de 2014.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro quixo poñer en valor os 132.720 euros que recibirán da Consellería do Medio Rural e do Mar as confrarías de pescadores da Mariña lucense para impulsar distintas iniciativas de xestión e conservación dos recursos mariños.

O parlamentario popular sinalou que estas son axudas que se corresponden coa anualidade 2013-2014 e que a Xunta outorga periodicamente ao obxecto de mellorar as condicións de vida e traballo dos profesionais do sector pesqueiro e marisqueiro.

Entre os beneficiarios están as seguintes confrarías:

Sin título

PARTICIPACIÓN DO SECTOR

Balseiro explicou que os apoios recibidos están en función dos proxectos redactados e que presenta cada confraría e, neste senso, sinala a importancia que o Goberno galego dá á colaboración e á participación dos distintos pósitos na xestión dos intereses pesqueiros e na configuración da estratexia a desenvolver en cada un destes ámbitos.

VIXILANCIA E ASISTENCIAS TÉCNICAS

“Con estas axudas o Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo busca promover a posta en marcha medidas encamiñadas mellorar a xestión ou conservación dos recursos mariños”- indicou o portavoz do Mar dos populares galegos.

En concreto, os proxectos subvencionados van enfocados a dous grandes grupos:  ao control de acceso aos recursos (vixilancia e loita contra o furtivismo) e a distintas asistencias técnicas (contratación de biólogos, acondicionamento e rexeneración dos bancos marisqueiros ou para potenciar a comercialización dos produtos pesqueiros)

Segundo o deputado os datos achegados “demostran a implicación da Consellería coas confrarías da provincia de Lugo” e, sobre todo, que desde a Xunta se está a realizar unha grande  aposta por este sector que é vital para a nosa provincia, “xa que estamos a falar das confrarías de pescadores e mariscadoras, importantes motores económicos das localidades nas que se asenta”