Emigrantes galegos

A iniciativa, da que é autor o voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, será obxecto de debate, esta tarde, no Parlamento de Galicia

O GRUPO POPULAR QUERE FACER DOS EMIGRANTES GALEGOS OS MELLORES EMBAIXADORES DOS NOSOS PRODUTOS DO MAR

 DSC_0007

  •  Declaracións de Balseiro
  • Os populares convidan ao resto das forzas políticas a sumarse a unha iniciativa pola que se insta á Xunta a “elaborar, impulsar e executar” un plan para que, en colaboración coas comunidades galegas no exterior, “potencie e faga posible a promoción, en xeral, dos produtos galegos no exterior”

 Santiago, 11 de febreiro de 2014.- Esta tarde no Pleno do Parlamento de Galicia  debaterase (a votación terá lugar mañá) a iniciativa da que é autor o voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, e na que se reclama a posta en marcha dun plan para que os emigrantes galegos no exterior poidan converterse “nos mellores embaixadores dos produtos galegos e, moi en particular, dos nosos peixes e mariscos”

 “Pedimos á Xunta , a través dunha proposición non de lei, que elabore, impulse e execute un plan para que, en colaboración coas comunidades galegas no exterior, potencie e faga posible a promoción dos produtos galegos de gran calidade”-explico o portavoz popular.

PESCA, AGRICULTURA, GANDERÍA E ARTESANÍA

Balseiro aclara que aínda que fan especial fincapé nos produtos do mar, o plan debería incluír outros produtos galegos como a agricultura, gandaría ou artesanía que tamén merecen o apoio do Goberno galego e o respaldo da acción das comunidades galegas no exterior.

 O PAPEL DAS COMUNIDADES NO EXTERIOR

“Os nosos emigrantes son, desde os países nos que residen, os perfectos embaixadores da nosa terra” –dixo Balseiro- quen salientou os esforzos que xa realizan tanto no ámbito da promoción turística, como sobre todo no da valorización do noso patrimonio cultural e histórico. “Agora tamén poden ser os mellores embaixadores dos produtos galegos, dos tesouros da nosa terra e do noso mar”

O parlamentario popular significou que Galicia conta con importantes comunidades galegas no exterior espalladas por distintos países do mundo –especialmente no continente americano– e propón contar coa súa colaboración e apoio para dar a coñecer en todo o mundo a gran calidade dos produtos da súa terra de orixe: dos nosos peixes, mariscos e dos produtos do sector agro-gandeiro