• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Consello da Xunta
Temporal »

Temporais

14, Febreiro 2014 por Admin B

Iniciativa parlamentaria destinada a avaliar as accións impulsadas pola Xunta de Galicia para a prevención de riscos, sinalización e alerta, valoración económica, reparación urxente e planificación da reparación global dos estragos detectados

BALSEIRO INTERÉSASE NO PARLAMENTO GALEGO POLOS DANOS OCASIONADOS POLOS TEMPORAIS NAS INSTALACIÓNS PORTUARIAS DE TITULARIDADE AUTONÓMICA

 Temporal

  • Quere coñecer que medidas están a levarse a cabo ou están previstas para, cando superemos a etapa de alerta, recuperar a normalización da actividade portuaria

 

 

Santiago, 14 de febreiro de 2014.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, vén de interesarse, a través dunha iniciativa no Parlamento de Galicia, pola avaliación que a Xunta está a facer dos danos causados nas instalacións portuarias de titularidade autonómica, polos sucesivos temporais.

O deputado significou que Galicia vén sufrindo unha reiteración de alertas debidas ao mal tempo, con ondas de grandes dimensións, marusías, vento e choiva que están provocando importantes estragos.

“Foron afectados peiraos, diques, balizamentos, casetas de pescadores, zonas de varadoiro, danos no material de apoio portuario, en paseos marítimos e ata en embarcación”- lembrou Balseiro.

Balseiro pon en valor o feito de que desde o primeiro día técnicos e responsables de Portos de Galicia iniciasen as accións de prevención de riscos, sinalización e alerta, valoración económica, reparación urxente e planificación da reparación global dos danos, aínda que lembra que a determinación final dependerá doutras moitas avarías que deben ser valoradas máis polo miúdo cando poidan acceder buzos e comprobar a situación baixo o mar.

 O voceiro do Mar dos populares galegos quere coñecer máis polo miúdo, e por iso formulou esta pregunta, que medidas están a levarse a cabo ou están previstas para, cando superemos a etapa de alerta, recuperar a normalización da actividade portuaria e na actividade dos diferentes usuarios das instalacións marítimo-pesqueiras.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Febreiro 2014
    L M M X V S D
     12
    3456789
    10111213141516
    17181920212223
    2425262728  
    « Xan   Mar »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: