• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Consumidores enerxéticos en situación de vulnerabilidade
Revitalización comercio »

Feira Internacional de Pesca

18, Febreiro 2014 por Admin B

Os populares rexistraron unha emenda á iniciativa nacionalista na que daban conta da total disposición e da vontade de colaboración tanto da Xunta como do Ministerio para a celebración desta feira en 2015

O GRUPO POPULAR LAMENTA QUE O BNG PECHE AS PORTAS A UN ACORDO DE CONSENSO EN APOIO DA CONTINUIDADE DA WORLD FISHING EXHIBITION EN VIGO

 DSC_0002

  • Os populares consideraban necesario deixar claro que a decisión final depende dos promotores e organizadores, o sector privado, e polo tanto que a administración non pode garantir a súa continuidade pero si comprometer -como xa o ten feito- todo o seu apoio

 

Santiago, 18 de febreiro de 2014.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, lamentou hoxe que o Bloque Nacionalista Galego pechase as portas a un acordo de consenso en apoio da continuidade da World Fishing Exhibition 2015 na cidade de Vigo.

 Os nacionalistas negáronse a negociar o texto do acordo final no que os populares querían introducir unha serie de matizacións, que formulaban a través dunha emenda, para deixar claro que a organización desta feira corresponde ao sector privado, que será quen tome a decisión final tanto sobre a data da súa celebración, como na cidade na que terá lugar a mesma.

 Con todo, o Partido Popular quixo deixar claro a total disposición e vontade de colaboración tanto da Xunta de Galicia como do Ministerio para a celebración desta feira –xa expresada publicamente– e o compromiso de ambos Executivos de materializar estes apoios e de promover as actuacións necesarias destinadas e a apoiar aquelas accións levadas a cabo de maneira especial do Comité Executivo organizador da World Fishing Exhibition

 A SÚA NON CELEBRACIÓN UNHA MALA NOTICIA

 Os populares esperan que aínda haxa espazo para retomar os contactos e facer posible unha vez máis dito evento na Cidade Olívica e sinalan que sería lamentable que os seus promotores perdan a oportunidade de celebrar esta Feira Internacional en Galicia, na cidade de Vigo.

 “De feito, a día de hoxe non hai constancia oficial da cancelación da feira mundial do sector pesqueiro, polo que confiamos en que sexa posible que se celebre aquí e tamén na boa disposición das administracións a avaliar e estimular o proxecto que se presente”-concluíu Balseiro

 INTRANSIXENCIA DO BNG

 O voceiro do Mar do Grupo Popular lamentou as ansias de oportunismo do BNG e que a súa obsesión por politizalo todo impedira chegar a un acordo que podería ter servido para evidenciar a toma de posición de todos os grupos parlamentarios, que insisten, é favorable á continuidade desta feira pesqueira internacional

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Febreiro 2014
    L M M X V S D
     12
    3456789
    10111213141516
    17181920212223
    2425262728  
    « Xan   Mar »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: