Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for 20 Febreiro 2014

Biomasa no Hospital da Costa

A XUNTA CONTRATA A SUBMINISTRACIÓN ENERXÉTICA POR BIOMASA NO HOSPITAL DE BURELA E 4 CENTROS COMARCAIS O QUE PERMITIRÁ UN AFORRO DE MÁIS DE 3,2 MILLÓNS DE EUROS NOS PRÓXIMOS 10 ANOS

 O hospital desde o parque

  • Trátase de promover medidas de aforro mediante a eficiencia enerxética nos hospitais de Barbanza, Verín, Calde, Burela e Monforte de Lemos
  • Conseguirase evitar emisións de gases efecto invernadoiro (CO2) de máis de 3.000 toneladas anuais
  •  A oferta proposta como adxudicataria do contrato é dun importe de 6.131.139,60 euros cun prazo de execución de dez anos

  (máis…)

Read Full Post »

Axudas polo temporal

O voceiro do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro, di que entidades como Portos de Galicia traballan desde o primeiro día na valoración e reparación dos danos causados pola sucesión de temporais

O GRUPO POPULAR APLAUDE A DECISIÓN DE MEDIO RURAL E MAR DE AMPLIAR O PRAZO DAS AXUDAS QUE PERMITIRÁN RESTAURAR OS BANCOS MARISQUEIROS DANADOS POLO TEMPORAL

 Xarda

  • Os populares poñen en valor a preocupación do Goberno galego polas consecuencias dos temporais e moi en particular os contactos co Goberno central para promover liñas de apoio aos profesionais da pesca obrigados a amarrar en porto ante as inclemencias climatolóxicas

  (máis…)

Read Full Post »

Política Pesqueira Común

Os socialistas non están á altura da importancia do debate sobre o futuro do sector marítimo-pesqueiro e non quixeron contribuír no Parlamento a elaborar unha posición común en defensa dos intereses de Galicia

BALSEIRO DI QUE O PSOE “TERÁ QUE EXPLICAR” A SÚA OPOSICIÓN Á PROPOSTA AVALADA POLO 100% DO SECTOR SOBRE A REFORMA DA POLÍTICA PESQUEIRA COMÚN

 Foto EL PROGRESO: JOSÉ Mª ÁLVEZ)

  • Ademais de opoñerse ao ditame sobre a PPC que avalou por unanimidade o Consello Galego de Pesca, os socialistas galegos tampouco apoiaron as iniciativas contra o mantemento da estabilidade relativa no reparto de cotas, a flexibilización do calendario de prohibición dos descartes, a imposición de sancións a Islandia e Illas Feroe ante a sobrepesca de xarda ou a modernización da normativa sobre tripulacións mínimas, pese a que agora reivindican moitas destas propostas
  • En múltiples ocasións o PSOE en Europa corrixe ao portavoz socialista galego e votan a favor das mesmas iniciativas que os  deputados socialistas rexeitan en Santiago

  (máis…)

Read Full Post »

A %d blogueros les gusta esto: