Industria e Seguridade

O deputado popular vén de rexistrar unha iniciativa na Cámara galega

BALSEIRO INTERÉSASE NO PARLAMENTO POLA DECISIÓN DA XUNTA DE SUPENDER CAUTELARMENTE A ACTIVIDADE DA MINA DE CAOLÍN DE SAN ROMÁN DE VILASTROFE (CERVO)

 PropA

  • Quere coñecer as razóns que motivaron esta decisión, a natureza dos riscos avaliados e as medidas de seguimento, supervisión e control que ten previsto adoptar o Goberno galego en relación con estes feitos

 

Santiago, 21 de febreiro de 2014.- O deputado do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, vén rexistrar unha pregunta parlamentaria coa que se interesa pola  decisión da Xunta de suspender cautelarmente a actividade da mina de caolín emprazada entre os concellos lucenses de Cervo e Burela, máis en concerto, na parroquia de San Román de Vilastrofe.

Balseiro lembra que, segundo a información que ten transcendido ata o momento, os informes técnicos da Xefatura Territorial de Industria acreditaban a existencia dun corremento de terras e dunha fisura que podería supoñer unha ameaza á estabilidade do terreo.

A decisión de paralización cautelar da actividade adoptouse para minimizar os riscos para a seguridade dos traballadores ademais de evitar a posible afectación, no seu caso, dunha pista forestal contigua.

O parlamentario quere coñecer máis polo miúdo as razóns concretas que motivaron a suspensión cautelar da actividade desta mina, os riscos potenciais avaliados á hora de tomar en consideración esta decisión e, sobre todo, as medidas de seguimento, supervisión e control que ten previsto adoptar o Goberno galego en relación con estes feitos.