Mina de caolín de San Román

O deputado popular sinala que “gústelle ou non aos socialistas” seguirá interesándose por cantas iniciativas sexan de interese veciñal tanto no concello como no conxunto da comarca

BALSEIRO: “XA NON É A PRIMEIRA VEZ QUE DESDE O PSOE APLAUDEN AS INICIATIVAS QUE PRESENTO ANTE A INACTIVIDADE DOS DEPUTADOS SOCIALISTAS NO PARLAMENTO”

 Jose Manuel Balseiro Orol

  • O deputado popular comprométese a facer un seguimento e solicitar que compareza do director xeral para que dea conta das pregunta formulada e para explicar as xestións que se están desenvolvendo en relación coa mina de caolín de San Román

 

Santiago, 25 de febreiro de 2014.- O deputado do Grupo Popular e secretario da Mesa do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro sinalou que “non lle sorprende porque non é a primeira vez” que desde o PSOE de Cervo “consideran acertada e aplauden” as iniciativas que el presenta no Parlamento de Galicia, “aínda que resulte impropio tendo en conta que son a oposición pero que, sobre todo, contrasta coa inactividade dos socialistas na Cámara galega, onde realizan pouco traballo sobre asuntos de interese para a nosa comarca ou concello”.

 O parlamentario cre que “non deben falarse, nin ter moito contacto” os socialistas de Cervo cos seu Grupo Parlamentario porque mentres na prensa din estar moi preocupados pola situación da mina de caolín de San Román, na Cámara galega non foron capaces nin de presentar unha iniciativa, ou unha pregunta sobre este tema.”Vamos que o seu interese pola situación da mina é un simple paripé que fan ante a prensa, e aí queda todo”.

 Pola contra desde o Partido Popular e, moi en particular, na súa condición de deputado autonómico, Balseiro comprométese a facer un seguimento da situación, solicitar que compareza o director xeral para dar conta das preguntas formuladas, e para explicar as xestións que se están desenvolvendo en relación con esta mina.

 COMUNIDADE DE MONTES

 Por outra banda Jose Manuel Balseiro agradeceu “moi especialmente” o interese e a dispoñibilidade da comunidade de Montes de San Román e ratificou o seu compromiso para formular as iniciativas que entenda poidan ser de interese para o seu concello ou para o conxunto da Mariña, “porque esa é a nosa obriga e o noso compromiso”.

 “Pola contra que o PSOE siga no seu limbo. Dicindo unha cousa na prensa e facendo –o mellor dito non facendo nada- no Parlamento. Non son un partido de fiar”, rematou indicando o deputado popular