Pleno do Parlamento

O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular pon en valor a actuación decidida da Xunta e do Goberno central en favor dos intereses de Galicia e “tras saber escoitar á flota”

BALSEIRO PREGUNTARÁ NO PLENO DO PARLAMENTO POLAS MELLORAS INCLUÍDAS NA PRÓRROGA DO ACORDO PESQUEIRO ENTRE ESPAÑA E PORTUGAL

 flota

  • A partir de agora, os barcos españois e portugueses aplicarán as normas técnicas do país en cuxas augas estén faenando garantindo así a igualdade de condicións

 

Santiago, 25 de febreiro de 2014.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, formulará na sesión prevista para mañá do Pleno do Parlamento de Galicia unha pregunta coa que se interesa pola valoración da Consellería do Medio Rural e do Mar das melloras incluídas na prórroga do acordo pesqueiro bilateral entre España e Portugal.

 Balseiro lembra que, entre outras novidades, a partir de agora, os  barcos españois e portugueses aplicarán as normas técnicas do país en cuxas augas estean faenando, garantindo así a igualdade de condicións na actividade e no traballo

O parlamentario popular lembra que este cambio constituía unha ampla demanda da flota galega, que antes non se atendeu, xa que daba lugar a unha situación inxusta como é que  os arrastreiros portugueses traballaban en augas españolas no fin de semana e conservaban o dereito de seguir escollendo as zonas de pesca o luns.

 O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular pon en valor a actuación decidida da Xunta e do Goberno central en favor dos intereses de Galicia e “tras saber escoitar á flota”