Apoio aos Servizos Sociais

Jose Manuel Balseiro pon en valor os esforzos do Goberno galego para promover unha efectiva cooperación e apoio aos concellos, para asegurar a calidade e cobertura dos servizos sociais municipais

Os concellos da Mariña reciben da Xunta axudas por valor de 300.260 euros para sostemento dos seus servizos sociais

 Axuda no fogar

  • As achegas teñen por obxecto financiar entre outras os servizos de axuda no fogar a persoas valoradas como dependentes e os  gastos correntes para o mantemento e realización de programas de Benestar

 

Lugo, 26 de febreiro de 2014.- O deputado do Grupo Popular e secretario do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro, salientou hoxe os máis de 300.260 euros que os dezaseis concellos da Mariña lucense recibirán da Xunta para o sostemento dos seus servizos sociais.

Estas achegas económicas teñen por obxecto servir de financiamento directo entre outros a servizos tan básicos e esencias como os de axuda no fogar para persoas en situación de dependencia ou os gastos correntes nos que incorren as entidades locais para a realización dos seus diversos programas de Benestar.

O deputado popular quixo poñer en valor os esforzos que o Goberno galego está a realizar nunha situación de crise e restricións orzamentarias para promover unha efectiva cooperación e apoio aos concellos, e asegurar, cos recursos económicos necesarios a calidade e cobertura dos servizos sociais municipais.

Dáse a circunstancia ademais que as diversas reformas normativas promovidas polo Goberno do Partido Popular neste ámbito permiten axilizar o financiamento dos servizos sociais comunitarios dos concellos establecendo dúas vías diferenciadas: por unha banda, as axudas para a prestación de servizos sociais comunitarios básicos, que será unha transferencia anual; e por outra banda, a axuda no fogar para persoas dependentes, que se liquidará trimestralmente

AXUDA NO FOGAR

No que se refire ao servizo de axuda no fogar para persoas dependentes, este servizo financiábase ata o momento a través da orde anual de subvencións. A partir de agora as transferencias serán de carácter trimestral, o que sen dúbida aliviará a situación financeira dos concellos e contribuirá a mellorar a calidade na prestación deste servizo.

A contía calculouse en función do número de persoas atendidas e das horas mensuais de atención realmente prestadas. A posta en marcha dunha nova aplicación informática –á que xa poden acceder actualmente os concellos- permitirá coñecer de forma automática o número de persoas atendidas e o número de horas de prestación que reciben.

 

Ademais, esta normativa permite a concesión de anticipos nos catro primeiros meses do ano dunha parte das axudas correspondentes a cada entidade local no eido dos servizos sociais comunitarios básicos contribuíndo deste xeito a que as dificultades financeiras que puideran ter os concellos non repercutan nunca nun empeoramento do servizo

 

As transferencias recibidas polos concellos da Mariña son:

 

Concello de Alfoz

15.013,00   €

Concello de Barreiros

15.013,00   €

Concello de Burela

30.026,00   €

Concello de Cervo

30.026,00   €

Concello da Fonsagrada

15.013,00   €

Concello de Foz

15.013,00   €

Concello de Lourenzá

15.013,00   €

Concello de Mondoñedo

22.519,50   €

Concello de Ourol

15.013,00   €

Concello da Pontenova

15.013,00   €

Concello de Ribadeo

30.026,00   €

Concello de Trabada

15.013,00   €

Concello do Valadouro

15.013,00   €

Concello do Vicedo

15.013,00   €

Concello de Viveiro

22.519,50   €

Concello de Xove

15.013,00   €

300.260,00   €