• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Apoio aos Servizos Sociais
Pleno do Parlamento »

Pleno do Parlamento

26, Febreiro 2014 por Admin B

O voceiro do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro, aplaude a celeridade das administracións galega e central en habilitar medidas específicas en apoio dos profesionais da pesca e marisqueo

O GRUPO POPULAR CONSIDERA “ABSURDO” QUE O PSOE REPITA “EN 15 DÍAS” UNHA INICIATIVA SOBRE OS EFECTOS DOS TEMPORAIS CANDO AS MEDIDAS URXENTES DE REPARACIÓN E COMPENSACIÓN DE DANOS XA ESTÁN EN MARCHA

flota

 

  • Os populares non son favorables a recuperar o financiamento público do seguro do mal tempo pois lembran “ademais de estar mal formulado polo bipartito, non tiña o apoio dos profesionais do mar, xa que só foi concertado polo 4,2% da flota, mentres a Xunta destinaba inxentes cantidades de diñeiro público en beneficio exclusivo da aseguradora privada”

 

Santiago, 26 de febreiro de 2014.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, mostrou a súa satisfacción polo traballo “rápido e eficaz” levado a cabo polos Gobernos de Galicia e de España destinado tanto a garantir a seguridade dos cidadáns como a reparar e compensar os danos ocasionados no litoral como consecuencia da sucesión de temporais acontecidos nos últimos meses.

 Tras a aprobación destas axudas “que incluso melloraron a situación precedente”, o parlamentario popular considera “absurdo” que o PSOE repetira no Pleno do Parlamento unha iniciativa en relación cos temporais cando fai “pouco máis de 15 días”, xa acadaron un acordo unánime nesta mesma Cámara “en concreto na Comisión de Pesca e Marisqueo que tivo lugar o 5 de febreiro”. Daquela as catro forzas políticas con representación na Parlamento acordaban instar á Xunta á avaliación dos danos e á posta en marcha do plan de recuperación. “Todas estas peticións ou están cumpridas ou en plena execución. Nada cambiou nos últimos 15 días, e se o fixo, foi a mellor, porque agora xa están convocadas as correspondentes axudas”-dixo Balseiro.

DANOS DO TEMPORAL

 O voceiro do Mar dos populares galegos quixo poñer de manifesto, unha vez máis, que “os Gobernos de España e Galicia traballaron desde o primeiro momento de xeito conxunto, coordinado e eficaz para poder paliar os danos ocasionados polo temporal”.

 Así por exemplo ámbito autonómico Portos de Galicia xa realizou un primeiro balance provisional que eleva a 4,2 millóns de os danos causados nas infraestruturas portuarias e propuxéronse un total de 113 actuacións de valoración e reparación de danos. “Entre elas 38 son obras xa executadas –de emerxencia-, 23 están en execución, 24 xa están valoradas e pendentes de orzamento e 4 máis permanecen sen valorar pendentes de ser revisadas polos mergulladores cando as condicións climatolóxicas o permitan”

 Balseiro lembrou tamén que, no ámbito estatal, o Consello de Ministros aprobou o pasado venres un Real Decreto Lei a través do cal adóptanse medidas urxentes para reparar os graves danos sufridos polas tormentas de vento e mar. O deputado popular relatou que “o Goberno vai adoptar medidas dirixidas á restauración de infraestruturas no dominio público marítimo terrestre, necesarias para reparar elementos de defensa do litoral que quedaron afectados (praias, espigóns, etcétera), así como para reparar paseos e zonas anexas ás praias e portos”. A batería de proposta inclúe tamén axudas ás Corporacións Locais polos gastos causados para facer fronte a estas situacións de urxencia, como, por exemplo, a retirada de areas ou limpeza de vías e paseos marítimos.

 SECTOR PESQUEIRO

 O voceiro do Mar dos populares galegos quixo salientar que o Real Decreto Lei aprobado polo Consello de Ministros engade tamén disposicións específicas para axudar a empresas e profesionais do ámbito pesqueiro. “Entre elas hai que destacar – indicou Balseiro – os beneficios fiscais aprobados e nos que se recollen medidas de flexibilización do réxime laboral e exencións de cotas da Seguridade Social, como a moratoria de ata un ano sen interese no pago das cotizacións á Seguridade Social das empresas e os traballadores por conta propia que sufran danos ou perdas de actividade directamente derivadas do temporal, como é o caso de pescadores e mariscadores”.

 SEGURO DO MAL TEMPO

 Finalmente, o Grupo Popular non apoiou a petición do PSOE na que se reclamaba a recuperación do seguro do mal tempo xa que, ademais de estar mal formulado polo bipartito –como recoñecía o Grupo Socialista na propia exposición de motivos da iniciativa – tampouco foi apoiado polos profesionais da pesca, xa que só subscribiron pólizas subvencionadas o 4,2% da flota.

 “Todo isto mentres a Xunta pagaba inxentes cantidades de diñeiro público a unha aseguradora. Como se neste país sobran os cartos vostedes piden que recuperemos as compensacións unha empresa privada para que volva a ofertar un seguro que non era desexado polo sector”-lembrou Balseiro

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Febreiro 2014
    L M M X V S D
     12
    3456789
    10111213141516
    17181920212223
    2425262728  
    « Xan   Mar »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: