Iniciativas parlamentarias

O parlamentario popular lémbralle a Jose Ramón Val Alonso que no Parlamento lle pagan por traballar algo que, no que respecta ao interese do socialista polos asuntos da Mariña, deixa moito que desexar

BALSEIRO ASEGURA QUE NO PSOE ESTÁN MOLESTOS POR IR A REMOLQUE DAS SÚAS INICIATIVAS SOBRE O PROBLEMA DA MINA CERVENSE

 PropA

  • O parlamentario considera incoherente que por unha banda o deputado socialista critique as iniciativas do PP no Parlamento e pola outra reclame máis interese pola problemática acontecida con esta mina

  

Santiago, 28 de febreiro de 2014.- O deputado do Grupo Popular e secretario do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro asegurou que no PSOE amosan estar moi molestos por ir continuamente a remolque das súas iniciativas, neste caso, sobre o problema acontecido na mina cervense.

 O parlamentario popular pon de relevo o “seguidismo tardío do deputado socialista Jose Ramón Val Alonso por canto despois de que o PP alertase sobre a falta de actividade dos socialistas estes deciden interesarse na Cámara galega por algo que agora aseguran “ten moita importancia” pero do que non parecían terse percatado ata que recibiron o tirón de orellas de Balseiro.

 O parlamentario considera incoherente que, por unha banda o deputado socialista critique as iniciativas do PP no Parlamento e pola outra reclame máis interese pola problemática acontecida con esta mina. O PP lembra que os socialistas sempre chegan tarde en todos os asuntos e despois pretender abordalos coa torpeza propia dun elefante que entra nunha cacharrería.

 Balseiro insiste en que sempre formulará as preguntas e iniciativas que estime necesarias sobre asuntos de interese comarcal ou local porque esa é a súa obrigación como deputado e o seu compromiso cos seus votantes

 VAL ALONSO NON ESTÁ Á ALTURA

 Balseiro asegura a Val que, neste e noutros asuntos, non está en condicións de dar leccións e  quixo lembrarlle que no Parlamento lle pagan por traballar algo que, no que respecta ao interese do socialista polos asuntos da Mariña, deixa mucho que desexar.

 En opinión de Balseiro o deputado socialista tampouco está á altura cando se trata de defender ao sector pesqueiro galego -pese a ser o portavoz desta área-

 “Comete clamorosos erros cando por exemplo non apoia iniciativas tan positivas para a flota galega como as destinadas á modificar o sistema de reparto de cotas pesqueiras a través da eliminación do procedemento de estabilidade relativa, cando os socialistas votan en contra das iniciativas para flexibilización da prohibición dos descartes, contra as que reclamaba o rexeitamento ao acordo pesqueiro con Mauritania, a imposición de sancións a Islandia e Illas Feroe ante a sobrepesca de xarda, ou contra a proposta dos profesionais do sector para a modernización da normativa sobre tripulacións mínimas. Tampouco o PSOE apoiou en Galicia o acordo pesqueiro con Marrocos.