A celebración terá lugar este sábado día 8 de marzo no salón de actos do antigo instituto desta cidade asturiana dentro dun amplo programa que inclúe a participación de 40 confrarías gastronómicas españolas, portuguesas e francesas
JOSE MANUEL BALSEIRO SERÁ NOMEADO CONFRADE DE HONRA NO IV CAPÍTULO DA “COFRADÍA DEL ORICIU” DE XIXÓN
-
A distinción recoñece o seu compromiso coa posta en valor dos produtos do Mar e, moi en particular, como un gran defensor da promoción do potencial gastronómico do ourizo mariño
-
No mesmo acto tamén foron investidos como Confrade de Honra o Movemento Slow Food de Álava e o Centro de Interpretación e Experimentación Pesquera de Castropol, respectivamente
Santiago, 06 de marzo de 2014.- O secretario do Parlamento de Galicia e deputado autonómico Jose Manuel Balseiro será investido como Confrade de Honra da Cofraría del Oriciu da cidade asturiana de Xixón. O nomeamento terá lugar este sábado, 8 de marzo, durante a celebración do IV Capítulo desta confraría gastronómica.
A través desta distinción queren recoñecer o seu compromiso coa posta en valor dos produtos do Mar –de feito é o portavoz de pesca do Grupo Parlamentario Popular de Galicia- e, moi en particular, como un gran defensor de distintas iniciativas de impulso de cara a promoción do ourizo mariño desde o punto de vista do seu potencial gastronómico.
Balseiro Orol tamén é tenente de alcalde no concello lucense de Cervo, que cada ano impulsa, en colaboración cos hostaleiros locais, a Festa do Ourizo que, precisamente en 2014 celebra a súa XXIII edición e que está declarada como de interese turístico galego.
OS HOMENAXEADOS
Xunto a Balseiro Orol tamén serán recoñecidos como confrades de Honra o Movemento Slow Food de Álava e o Centro de Interpretación y Experimentación Pesquera de Castropol, respectivamente.
O acto de nomeamento terá lugar no salón de actos do antigo instituto xixonés e forma parte dun amplo programa de actividades no que participarán máis de 40 confrarías gastronómicas españolas, portuguesas e francesas.
PROGRAMA
10:30h- Recepción de confrarías. Almorzo en Bambara.
11:30h- Desfile cívico-festivo das confrarías.
12:00h- No Salón de Actos do antigo Instituto, celebración dos actos oficiais. Intervención dos representantes da confraría anfitrioa e das autoridades.
– Nomeamento de novos Confrades de Número e Honra.
– Entrega de Premios do II Concurso de Cociña con Ouricios.
– Entrega da distinción a un Local de Hostelería polo seu labor na difusión da cultura do oriciu.
– Hermanamiento coa Cofradía do Chosco de Tineo.
13:00h- Desfile polo Paseo Marítimo desde a Praza do Instituto ata a Praza do Lavaderu. Foto de familia..
14:30h- Comida de Hermandad no Restaurante Bellavista