• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Recoñecemento
Entrevista en Cope de la Costa »

Gijón – Impulso grastronómico

8, Marzo 2014 por Admin B

Durante o acto do seu nomeamento como confrade de honra da Confraría do Ourizo de Xixón no que participaron 40 entidades gastronómicas españolas, portuguesas e francesas

JOSE MANUEL BALSEIRO: “QUERO DEDICAR ESTE RECOÑECEMENTO A TODO O POBO DE SAN CIPRIÁN, AOS SEUS VECIÑOS E TAMÉN A AQUELES QUE FAN POSIBLE Á FESTA DO OURIZO DE SAN CIPRIÁN”

 2d53d1801c72c611f0540c2e9c368c14

  • A distinción recoñece o seu compromiso coa posta en valor dos produtos do Mar e, moi en particular, como un gran defensor da promoción do potencial gastronómico do ourizo mariño
  • Balseiro convidou aos asistentes a achegarse ata San Ciprián o vindeiro 15 de marzo, para participar na degustación deste equinodermo que, de ser un produto que recibía escasa atención gastronómica, pasou a significar unha exquisitez moi valorada por aqueles que entenden da boa cociña. 

Santiago, 08 de marzo de 2014.- O secretario do Parlamento de Galicia e deputado autonómico, Jose Manuel Balseiro, quixo dedicar o seu nomeamento como confrade de honra da Confraría do Ourizo de Xixón “a todo o pobo de San Ciprián, aos seus veciños e aos hostaleiros e administracións que fan posible da Festa do Ourizo”

 Estas palabras foron pronunciadas polo parlamentario durante o acto de nomeamento como integrante de honra deste destacado colectivo que traballa na posta en valor do ourizo mariño desde o punto de vista do seu potencial culinario e no que participaron 40 confrarías gastronómicas de España, Francia e Portugal.

 Balseiro, tenente de Alcalde en Cervo, aproveitou tamén a súa intervención para invitar a todos os asistentes -máis de 200 persoas que ateigaban o salón de actos do antigo instituto xixonés- a asistir á Festa do Ourizo de San Ciprián, xornada de degustación por excelencia deste produto, que o 15 de marzo celebra a súa XXIII edición, nunha cita declarada de interese turístico galego.

Balseiro salientou que o ourizo mariño “de ser un produto que recibía escasa atención gastronómica, pasou a significar unha exquisitez moi valorada por aqueles que entenden da boa cociña” e puxo en valor os esforzos das administracións, como é o caso da Xunta de Galicia, “que desenvolven un plan de recuperación desta especie, así como todas as iniciativas destinadas a pontenciar o uso deste produto que cada vez gaña máis valor achegando o sabor do mar á nosa mesa”.

 O tamén secretario do Parlamento de Galicia quixo eloxiar o papel que desempeñan as confrarías gastronómicas na salvagarda das tradicións culinarias e “na difusión dos nosos produtos máis alá das nosas fronteiras”. Balseiro díxose “comprometido e en plena sintonía coa labor que desenvolven as e os confrades para fomentar o coñecemento do rico patrimonio dos produtos do mar, que son unha das grandes riquezas que irmandan ás comunidades do Cantábrico”.

 RECOÑECEMENTO

 A Confraría do Ourizo de Xixón quixo recoñecer o compromiso de Balseiro coa posta en valor dos produtos do Mar –de feito é o portavoz de pesca do Grupo Parlamentario Popular de Galicia- e, moi en particular, como un gran defensor de distintas iniciativas de impulso de cara a promoción do ourizo mariño desde o punto de vista do seu potencial gastronómico.

 Xunto ao parlamentario galego tamén foron honrados como confrades o Movemento Slow Food de Álava e o Centro de Interpretación y Experimentación Pesquera de Castropol, respectivamente.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Marzo 2014
    L M M X V S D
     12
    3456789
    10111213141516
    17181920212223
    24252627282930
    31  
    « Feb   Abr »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: