• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« PPdeLugo
Comisión 19/03-b »

Comisión de Pesca 19/03

19, Marzo 2014 por Admin B

Jose Manuel Balseiro lembra que as forzas da oposición votaron fai so oito meses en contra dunha iniciativa popular para requirir dos eurodeputados españois e aos gobernos andaluz e canario o rexeitamento deste protocolo UE-Mauritania mentres non recoñecera posibilidades de pesca para a nosa flota

O BNG BLOQUEA UN ACORDO PARLAMENTARIO A PROPOSTA DO GRUPO POPULAR EN APOIO DA FLOTA CEFALOPODEIRA GALEGA

 Mauritania

  • A proposta dos populares demandaba a implicación do Goberno español e da UE para negociar con terceiros países alternativas para que os cefalopodeiros poidan faenar e o apoio da Xunta para que non desapareza esta flota con porto base en Galicia

 

 Santiago, 19 de marzo de 2014.- O Bloque Nacionalista Galego bloqueou esta mañá na Comisión de Pesca do Parlamento autonómico a posibilidade de acadar un acordo a proposta do Grupo Popular en apoio da flota cefalopodeira que viña operando no caladoiro mauritano.

 Os populares defenderon unha emenda na que se propoñía un dobre mandato: á Unión Europea e ao Goberno español para que levasen a cabo negociacións e acordos con terceiros países que permitan volver a faenar ás embaracións cefalopodeiras en xeral, e á Xunta de Galicia, en concreto, para que tome medidas adicionais para evitar que a flota con porto base en Galicia desapareza, non sexa despezada ou vendida a terceiros países.

FRÁXIL DE MEMORIA

Balseiro puxo de relevo “a fráxil memoria” das forzas da oposición que fai só oito meses –o 22 de maio de 2013– eran incapaces de apoiar, neste mesmo Parlamento, unha iniciativa do Partido Popular na que se demandaba o rexeitamento do acordo con Mauritania mentres non incluíra á flota cefalopodeira.

Deputados do PSOE, do BNG e de AGE non quixeron tampouco requirir o apoio dos gobernos autonómicos canario e andaluz e dos eurodeputados españois para que se uniran á Xunta e ao Goberno central na súa posición contraria ao acordo con Mauritania asinado neses termos.

“As mesmas forzas políticas que hoxe din estar moi preocupados polo futuro desta flota, cando chegou a hora da verdade, non estiveron ao carón dos intereses de Galicia, moito ao contrario, chegaron incluso a defender –como fixo o PSOE e EU desde o Goberno andaluz- as bondades dun acordo que deixaba fóra á nosa flota”, dixo Basleiro.

ALTERNATIVAS PARA A FLOTA

 O portavoz popular do Mar indicou que tanto a Xunta de Galicia como o Goberno central veñen traballando en apoio da flota cefalopodeira nunha dobre dirección: Xunto co Goberno central para buscar unha modificación do protocolo con Mauritania, actualmente vixente, para que recoñeza posibilidades de pesca a esta sector (hoxe con cota cero). E tamén, na procura de caladoiros alternativos, como o previsto no acordo de pesca con Marrocos, que con modificacións nos aparellos e nos sistemas de abordo, supón unha oportunidade para que esta flota poida faenar nese caladoiro.

UNHA MALA NEGOCACIÓN DO PSOE

Balseiro tamén quixo lembrar as peripecias dunha negociación, a do acordo entre a UE e Mauritania, no que as condicións máis perniciosas foron aprobadas polo anterior goberno socialista: De feito foi o PSOE o que celebrou 5 das 7 roldas de negociación co país africano, e quen aceptou feitos tan lesivos como a exclusión dos cefalopodeiros e o aumento dos prezos das licenzas.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Marzo 2014
    L M M X V S D
     12
    3456789
    10111213141516
    17181920212223
    24252627282930
    31  
    « Feb   Abr »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: