• Inicio
  • Hospital da Costa (Burela)
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Becerreá
Residencia en Becerreá »

Pleno do Parlamento

26, Marzo 2014 por Admin B

O portavoz do Mar, Jose Manuel Balseiro, asegura que os problemas do sector pesqueiro nunca lle importaron ao BNG e a mostra é que someten a votación hoxe, de xeito oportunista, unha iniciativa sobre cotas pesqueiras tras deixala no caixón do esquecemento un ano

 O GRUPO POPULAR LEMBRA QUE A OPOSICIÓN TEN VOTADO REPETIDAMENTE EN CONTRA DO CAMBIO DO MODELO DE REPARTO DE POSIBILIDADES DE PESCA

 Pleno

  • Socialistas e nacionalistas non apoiaron, na pasada lexislatura, o ditame único de Galicia ante a reforma da Política Pesqueira Común que propoñía un cambio de modelo, nin tampouco a iniciativa do Grupo Popular destinada á supresión do principio de estabilidade relativa

 

Santiago, 26 de marzo de 2014.- O portavoz do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro asegurou hoxe durante a súa intervención no Pleno do Parlamento de Galicia que as forzas políticas da oposición teñen votado repetidamente en contra do cambio do modelo de reparto das cotas de pesca e, polo tanto, convertéronse nos principais aliados e defensores da persistencia dun sistema que agora, dun xeito oportunista, aseguran criticar.

Pola contra, Balseiro lembrou que tanto o Partido Popular como a Xunta de Galicia sempre amosaron a súa oposición frontal aos actuais criterios de reparto de cotas pesqueiras impostos desde Europa, por entender que son insuficientes para as necesidades da nosa flota.

POSICIÓN INCONGRUENTE

“Vostedes teñen dado ás costas ao sector pesqueiro galego cando tocaba presentar batalla na defensa dos intereses de Galicia diante das institucións comunitarias”, dixo Balseiro. Como fundamento disto, lembrou que, tanto socialistas como nacionalistas, non apoiaron o ditame coa posición única de Galicia ante a reforma da Política Pesqueira Común (13/06/2012) que despois foi aprobado por unanimidade polo Consello Galego de Pesca e que reflectía de xeito expreso a necesidade de cambiar o modelo de TAC e cotas.

 Continuando con esta posición incongruente das forzas políticas da oposición, Balseiro tamén lembrou que socialistas e nacionalistas negáronse a apoiar fai case dous anos (28/03/2012) a proposición non de lei do Grupo Popular na que os populares reclamaban a supresión do principio de estabilidade relativa cuxa derrogación agora din defender.

INICIATIVA OPORTUNISTA

Segundo o voceiro do Mar, os problemas do sector pesqueiro nunca lle importaron ao BNG e mostra disto é que “someten a votación no pleno de hoxe, de xeito oportunista” unha iniciativa parlamentaria sobre o sistema de reparto de cotas que os propios nacionalistas mantiveron no caixón do esquecemento durante máis dun ano”, xa que foi rexistrada o 24 de marzo do 2013

“Non criticaron o reparto de cotas en decembro, cando se adoptou os TAC para o ano en curso. Tampouco o fixeron ao longo de todo o ano pasado, nin cando aquí se lles deu oportunidade para modificalo e o fan agora, en coincidencia coa protesta de parte do sector do cerco, coa única intención de enganar ao sector pesqueiro cuxos intereses antes desprezaron”, dixo Balseiro

Por outra banda, o deputado popular censurou que portavoz do Mar do BNG, Daniel Rodas, empregara a tribuna do Parlamento para mentir tras ter asegurado que a conselleira do Mar, Rosa Quintana non quixo recibir á parte do sector do cerco que nas pasadas semanas levou a cabo varias protestas. “Vostede estaba presente na mesma reunión que eu e sabe que iso non foi así. Que a conselleira sempre estivo aberta ao diálogo con estes profesionais. E, de feito, este encontro tivo finalmente lugar, foi posible chegar a un acordo e hoxe a flota do cerco está faenando, en plena campaña”, concretou.

Compartir:

  • Click to share on Facebook (Opens in new window)
  • Compartir en Twitter (Opens in new window)
  • Imprimir (Opens in new window)
  • Enviar isto a unha amizade (Opens in new window)

Like this:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Marzo 2014
    L M M X V S D
    « Feb   Abr »
     12
    3456789
    10111213141516
    17181920212223
    24252627282930
    31  
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete aos outros 15 segidores

Blog en WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez.
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
%d bloggers like this: