• Inicio
  • Hospital da Costa (Burela)
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Comisión de Sanidade
Quimioterapia »

Prevención de incendios forestais

28, Marzo 2014 por Admin B

O voceiro de Montes, Jose Manuel Balseiro, sinala que en 2013 estes emprazamentos tiveron a consideración de bases alternativas, empregadas en función das necesidades de extinción, para operacións de mantemento e repostaxe pero non estiveron pechadas

O GRUPO POPULAR LEMBRA QUE AS BASES DOS HELICÓPTEROS CONTRA INCENDIOS DO BARCO E PORTOMARÍN MANTIVÉRONSE OPERATIVAS PARA ATENDER LABORES DE EXTINCIÓN NO ENTORNO

 Balseiro intervindo na Sala de Comisións do Parlamento de Galicia

  • Os populares aclaran que para o presente ano non está pechada a distribución dos medios aéreos que responderá a criterios exclusivamente técnicos e non políticos
  • O Grupo Popular rexeitou unha iniciativa de AGE con propostas contraincendios “de marcado carácter político” e sinalou a importancia de abrir un debate “amplo e apartidista”

 

Santiago, 28 de marzo de 2014.- O voceiro de Montes e Prevención de Incendios do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, lembrou hoxe que as bases dos helicópteros contra incendios do Barco de Valdeorras (Ourense) e Portomarín (Lugo) mantivéronse operativas para atender as labores de extinción que puideron ter lugar no seu contorno.

Balseiro aclara que en 2013 estes emprazamentos tiveron a consideración de “bases alternativas”, empregadas –como xa se explicou- “en función das necesidades de extinción” polo que non pode afirmarse “que estiveran pechadas”, ademais nelas tamén se desenvolveron “tarefas de repostaxe e mantemento das aeronaves” que fixeron uso das mesmas

CRITERIOS TÉCNICOS NON POLÍTICOS

Estas declaracións tiveron lugar no transcurso da Comisión 7ª de Agricultura e Montes do Parlamento de Galicia onde os deputados do Grupo Popular rexeitaron a iniciativa do BNG destinada a recuperar como bases permanentes estes emprazamentos. Os populares entenderon que esta petición non era procedente xa que para o presente ano non está pechada a distribución dos medios aéreos que se determinará no PLADIGA “en base a criterios exclusivamente técnicos e non políticos”

COBERTURA INMEDIATA E AÉREA EN 20 MINUTOS

O portavoz popular tamén quixo salientar que a cobertura dun hipotético incendio queda totalmente garantida nas comarcas onde se sitúan estas bases, primeiramente cos medios terrestres da Xunta e do Ministerio e despois cos aéreos que temos próximos.

Aclarou que a área de Valdeorras e a de Portomarín pódese cubrir en arredor de 20 minutos desde varias bases contiguas: as de Becerreá, Laza, Vilamaior-Verín, Doade-Sober, Antela-Xinzo De Limia, San Xoán De Rio, Lavacolla (Hidroavións), Rozas- Lugo e Marroxo-Sober.

UN DEBATE APOLÍTICO

Os votos do Grupo Popular tamén rexeitaron unha iniciativa que sorprendentemente Alternativa Galega de Esquerdas volveu a traer á Comisión de Montes logo de ser rexeitada o ano pasado e na que realizaban unha serie de propostas “con marcado carácter partidista” para incorporar á política de extinción e prevención de incendios.

Balseiro sostivo que os lumes forestais son un problema de país, que en Galicia adquire unha relevancia especial, “tanto pola intensidade, como pola acción dos incendiarios” e sinalou que, aínda que son receptivos a calquera proposta sobre novas estratexias de combate desta lacra, este debate “debería propoñerse en sentido amplo, superando as diferenzas partidistas”. O deputado aclarou que aprobar as peticións de AGE “sería facer que só opine a Asemblea Galega Contra o Lume, e iso non sería xusto, nin completo”

Compartir:

  • Click to share on Facebook (Opens in new window)
  • Compartir en Twitter (Opens in new window)
  • Imprimir (Opens in new window)
  • Enviar isto a unha amizade (Opens in new window)

Like this:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MEDIO RURAL, MONTES |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Marzo 2014
    L M M X V S D
    « Feb   Abr »
     12
    3456789
    10111213141516
    17181920212223
    24252627282930
    31  
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete aos outros 15 segidores

Blog en WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez.
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
%d bloggers like this: