Quimioterapia

O deputado popular salienta que esta petición responde a unha demanda social reforzada polo acordo parlamentario promovido polo Grupo Popular a finais do ano pasado e polas mocións impulsadas polo PP nos distintos concellos da comarca

 BALSEIRO INTERÉSASE NO PARLAMENTO POLAS PREVISIÓNS DA XUNTA PARA A POSTA EN MARCHA DO SERVIZO DE ONCOLOXÍA NO HOSPITAL DA COSTA

 sala1_25p

  • Evitará o desprazamento de entorno a 80-100 veciños da Mariña afectados polo cancro que a día de hoxe reciben quimioterapia lonxe dos seus domicilios nas cidades de Lugo ou da Coruña

 

Santiago, 1 de abril de 2014.- O deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, vén de interesarse no Parlamento de Galicia polas previsións da Xunta, máis en concreto da Consellería de Sanidade e do SERGAS, para a posta en marcha do servizo de oncoloxía no Hospital da Costa

O parlamentario popular lembrou que a posta en marcha desta nova unidade responde a unha demanda social que quixeron reforzar a través de dúas vías: Cun acordo parlamentario promovido polo Grupo Popular a finais do ano pasado (ao que desafortudamente non se quixo sumar nin PSOE nin AGE) e polas mocións impulsadas polo PP nos distintos concellos da comarca.

“Temos constancia de que o SERGAS está dando pasos para facer realidade este obxectivo e, por iso, queremos coñecer cales son, en que consisten e cando poderemos contar con este novo servizo”- dixo Balseiro

O parlamentario lembra que a correcta atención destes pacientes require de espazos, dotacións, profesionais, fármacos e unha moi boa organización que dea soporte aos futuros usuarios. Balseiro insiste en que “hai que ser moi coidadosos para poñer en marcha estas unidades tendo en conta a natureza das enfermidades a tratar no que pode definirse como un Hospital de Día oncolóxico”

EVITAR DESPRAZAMENTOS

O deputado popular indicou que será en todo caso unha medida “moi positiva para un importante número de familias da Mariña”. Máis en concreto lembrou que segundo os cálculos oficiais, evitarase o desprazamento de entorno a 80-100 veciños da comarca que a día de hoxe reciben os seus tratamentos lonxe dos seus domicilios nas cidades de Lugo ou da Coruña

CÁNCRO

O cancro supón a segunda causa de mortalidade en Galicia, polo que require un tratamento adecuado e próximo. Por fortuna, na inmensa maioría dos casos hai unha alta porcentaxe de supervivencia. O feito de facer máis doado pasar todo este proceso, é un dos obxectivos básicos da iniciativa dos populares.