• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Pleno 07/05
Campaña electoral »

Burela avanza

8, Maio 2014 por Admin B

O CONSELLO DA XUNTA AUTORIZA UN INVESTIMENTO DE 7,6 MILLÓNS DE EUROS PARA LICITAR O ACCESO AO PORTO DE BURELA, QUE REDUCIRÁ TRÁFICO PESADO POLO NÚCLEO URBANO DA VILA

20140508-165340.jpg

  • A Consellería de Medio Ambiente sacará a concurso as obras neste mes de maio.
  • Evitará que mais de 400 camións diarios atravesen a localidade.
  • A nova vía, de 1,26 quilómetros, enlazará a avenida Arcadio Pardiñas coa avenida da Marina na zona portuaria, á altura da nova lonxa
  • As principais modificacións introducidas no proxecto implican a súa adaptación ao planeamento urbanístico e un menor impacto ambiental, de xeito que non eliminará as vistas ao mar debido a que irá practicamente en desmonte.

O Consello da Xunta aprobou na súa reunión de hoxe a autorización dun gasto por importe de 7,6 millóns de euros para o remate das obras de acceso ao porto lucense de Burela, un dos de maior volume de operacións dentro das infraestruturas portuarias adscritas á Comunidade Autónoma de Galicia. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas licitará a actuación neste mesmo mes de maio, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, cun prazo de execución de 24 meses.
O actual acceso á zona portuaria realízase polo centro do núcleo urbano, coas molestias e perigosidade que supón tanto para os usuarios do porto como para a propia localidade de Burela. Debido ao incremento da actividade que experimenta o recinto portuario e ao aumento do tráfico que se produce co funcionamento da nova lonxa, considérase necesario construír un novo acceso que facilite a entrada e saída do porto, evitando o tráfico de mais de 400 vehículos pesados ao día polo núcleo urbano de Burela.
No ano 2007 adxudicouse a obra, pero o Tribunal Superior de Xustiza decidiu a súa paralización por estimar que o proxecto non era acorde co planeamento urbanístico vixente, circunstancia que motivou a interrupción dos traballos, dos que se levaban executados aproximadamente uns 500.000 euros, e a rescisión do contrato.
Características
A nova vía de 1,26 quilómetros, enlazará a avenida Arcadio Pardiñas coa Avenida da Marina na zona portuaria, á altura da nova lonxa. O ámbito obxecto do proxecto corresponde a uns terreos pouco accidentados, que están limitados ao leste por un acantilado duns 30 metros de altura e o suroeste pola liña de FEVE. O trazado cruza a liña de tren aproximadamente no pk 0+920 a través dun paso inferior e terá tres carrís de 3,5 metros cada un, así como beiravías de 1 metro a ambos os lados da calzada.
Para a execución da estrutura que permite o paso do acceso baixo a liña FEVE será necesario o traslado e posterior reposición a súa situación orixinal do treito de liña ferroviaria afectada. Así mesmo, é preciso un traslado definitivo dun treito de liña FEVE como consecuencia do tendido de noiros de desmonte inestables na primeira metade do novo trazado (afecta o treito de liña comprendido entre os pk 113/4 e 113/8 da liña ferroviaria).
Proxéctase, tamén, a sinalización horizontal, vertical, barreiras de seguridade e relocalización da barreira de protección de motociclistas. E iluminarase o trazado mediante unha luminaria composta por báculo dun único brazo. Ademais, proponse a colocación de luminarias no paseo peonil.
Principais modificacións
As principais modificacións introducidas respecto do proxecto orixinal implican a súa adaptación ao planeamento urbanístico, axustándose ao trazado que prevé o actual PXOM; e un menor impacto ambiental, de xeito que a actuación non eliminará as vistas ao mar debido a que irá practicamente en desmonte (no proxecto orixinal discorría en terraplén). Isto provoca, ademais, que o cruzamento coa liña de ferrocarril se realice a través dun paso inferior.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General, INFRAESTRUTURAS |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Maio 2014
    L M M X V S D
     1234
    567891011
    12131415161718
    19202122232425
    262728293031  
    « Abr   Xuñ »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: