Campaña electoral

A todos estes actos engádense aos xa celebrados, a visita da conselleira do Mar con mozos na cooperativa de Os Irmandiños, o encontro co sector pesqueiro e o mitin do pasado domingo en Burela

Gran despregue do Partido Popular na Mariña lucense durante a campaña das europeas 

10174928_592452000850424_6702620407126762293_n

  • Feijóo visitará Viveiro o xoves 22 de maio, o candidato Millán Mon acompañado por Rueda participarán nos mitins de Foz e Cervo este sábado, un día antes Pedro Puy falará en Mondoñedo, a Ministra Ana Pastor fará o propio en Ribadeo o martes 20 , en todos os casos coa presenza do presidente provincial Xose Manuel Barreiro

O coordinador provincial de campaña e secretario xeral dos populares lucenses, Jose Manuel Balseiro, explicou hoxe que o Partido Popular realizará nos vindeiros días un gran despregue de actos electorais na Mariña lucense que inclúen a visita de importantes pesos pesados da política autonómica e nacional desta formación.

FEIJÓO EN VIVEIRO

O acto central terá lugar en Viveiro, co mitin que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, celebrará o xoves 22 de maio, no teatro Pastor Díaz de Viveiro. Antes a nosa comarca recibirá a visita do candidato do PPdeG para o Parlamento europeo, Francisco Millán Mon que, acompañado por Alfonso Rueda, secretario xeral dos populares galegos, participará nos mitins previstos en Foz e Cervo, este sábado día 17 de maio. O día anterior, o venres 16 de maio, o portavoz dos populares no Parlamento de Galicia e coordinador do programa electoral, Pedro Puy visitará Mondoñedo.

ANA PASTOR EN RIBADEO

Tamén integrantes do Goberno central visitarán a nosa comarca, en concreto, a ministra Ana Pastor que participará no mitin previsto para o martes 20 de maio en Ribadeo. A todos estes actos engádense aos xa celebrados: a visita da conselleira do Mar, Rosa Quintana, con mozos á cooperativa de Os Irmandiños e posterior encontro co sector pesqueiro, e o mitin do pasado domingo en Burela que contou coa participación do vicesecretario dos populares galegos e conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández.

CAMPAÑA MOI A PÉ DE RÚA

Jose Manuel Balseiro aseverou que será unha campaña “moi a pé” de rúa”, “moi de explicar aos cidadáns o que se xogan” polo que incluirá visitas dos cargos públicos populares ás principais feiras e mercados, así como outros encontros con diversas asociacións e colectivos sectoriais, como o celebrado en Vilalba cos representantes do sector forestal de toda a provincia, e comunidades de montes, que contou coa asistencia de 400 persoas.

Balseiro apuntou que ante o 25M hai “dous proxectos diferentes”, por un lado, o do PSOE, “vinculado á crise e a destrución de emprego” e, por outro lado, o do PP, “vinculado á recuperación económica e a creación de emprego”. Sobre o cabeza de lista, Miguel Árias Cañete, destacou a súa formación e experiencia política fronte á candidata socialista Elena Valenciano. “Pedimos o voto porque non podemos volver cara a atrás. Sería un erro que o noso país dese un paso atrás despois dos sacrificios de todos os cidadáns”, concluíu