Europeas 2014

O Partido Popular ganou en todos os concellos da Mariña agás A Pontenova e volveu a ser a forza máis votada en concellos como Viveiro, Ribadeo, Mondoñedo o O Valadouro onde hoxe son oposición

OS POPULARES AGRADECEN AOS VECIÑOS DA MARIÑA O APOIO AMOSADO NAS ÚLTIMAS ELECCIÓNS EUROPEAS

Gracias21

  • O resultado dos populares na comarca é 17 puntos mellor que o acadado no conxunto de España 8 puntos superior ao obtido en Galicia
  •  O PP obtería un deputado provincial na comarca a costa do BNG o que consolidaría unha maioría absoluta popular na Deputación
  •  Traballarán por recuperar a ilusión e a confianza daqueles que decidiron absterse nestas eleccións europeas

 

A Mariña, 28 de maio de 2014.- O secretario xeral dos populares lucenses, Jose Manuel Balseiro, quixo agradecer o apoio amosado polos veciños da Mariña nas últimas eleccións europeas e sinalou que a vitoria en 14 dos 15 concellos da comarca servirá de revulsivo para seguir traballando con máis enerxía, se cabe, para consolidar unha posición de vantaxe como é que os mariñáns seguen confiando maioritariamente neste partido.

“Sen ser un excelente resultado, tendo en conta a baixa participación e a redución do número de votantes, os resultados na Mariña lucense son 17 puntos superiores aos que obtivo o Partido Popular no conxunto do país, 8 puntos mellores aos acadados en Galicia e un punto por riba do apoio recibido no conxunto da provincia”-salientou Balseiro

Mariña 43,36%
Lugo 42,34% +1,02
Galicia 35,16% +8,2
España 26,06% +17,3

VICTORIA EN CONCELLOS ONDE SOMOS OPOSICIÓN

 Os populares salientan moi especialmente as vitorias electorais naqueles concellos nos que hoxe son oposición, como é o caso de Ribadeo, Viveiro, Mondoñedo e O Valadouro, o que configura un aliciente de cara á cita electoral coas municipais previstas para dentro dun ano.

 20 PUNTOS DE VANTAXE SOBRE O PSOE

 O Partido Popular ganou as eleccións europeas na Mariña lucense cun 43,36% dos votos, (superou os 11.000 apoios) isto é case 20 puntos de vantaxe sobre o PSdeG, segunda forza e máis de 35 puntos sobre AGE, o BNG e Podemos

 RECUPERARÍA A DEPUTACIÓN

 Extrapolando os datos das eleccións europeas, o Partido Popular obtería un deputado provincial máis na comarca, a costa do BNG que perdería a súa representación, consolidando unha maioría absoluta que permitiría recuperar o Goberno da Deputación de Lugo.

 RECUPERAR A ILUSIÓN

Balseiro salienta que seguirán traballando por recuperar a ilusión e a confianza daqueles que decidiron absterse nestas eleccións europeas, así como tamén de todos aqueles que noutros procesos votaron ao Partido Popular e que nesta ocasión non o fixeron.

“Analizaremos concello por concello a nosa situación e marcaremos o camiño a seguir para reconquistar o apoio e a confianza dos nosos veciños baixo o convencemento de que as próximas eleccións son moi distintas”.

 Os populares lembran que ninguén antes no noso país tivo que facer fronte a unha situación tan complicada como a que xestionou o Goberno de Rajoy e que obrigou a tomar medidas impopulares. Pero amósanse convencidos de que mantendo os oídos moi abertos para escoitar mellor aos cidadáns e redobrando o esforzo por explicar a nosa xestión recuperaremos votantes.