Pleno do Parlamento (mar)

O voceiro do Mar do Grupo Popular sostén que a Xunta non seguirá a “táctica da avestruz” como fixeron o PSOE e BNG durante oito anos ante esta problemática

O GRUPO POPULAR APOIA OS ESFORZOS DA XUNTA E DO GOBERNO CENTRAL PARA, DA MAN DO SECTOR, FORMULAR NORMAS IGUALITARIAS QUE REGULEN AS ACTIVIDADES DA FLOTA ESPAÑOLA E PORTUGUESA

 Flota

  • O obxectivo aplicar a mesma normativa a todos os barcos, independentemente da súa bandeira, en particular, no tocante á harmonización dos horarios de descarga e os topes de desembarque

 

Santiago, 16 de abril de 2014.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, indicou hoxe no Pleno do Parlamento de Galicia que a Xunta e o Goberno central traballan, da man do sector, na formulación de normas igualitarias que regulen as actividades da flota pesqueira española e portuguesa.

 Os populares din que o Goberno galego é plenamente consciente das dificultades que xurdiron na interpretación dos acordos pesqueiros bilaterais que regulan a actividade pesqueira de ambos países en augas do Atlántico e están traballando por superalas.

O obxectivo final dos populares é harmonizar os horarios de descarga e os os topes de desembarque, entre outras cuestións e, en definitiva, que se aplique mesma normativa desde o punto de visto técnico e comercial a todos os barcos, independentemente da súa bandeira.

Os populares rexeitaron a iniciativa do BNG que reclamaba unha actuación neste sentido lembrando que xa está en marcha. De feito, Balseiro indicou que “nesa solución xa está a Xunta e, polo tanto, non ten sentido que vostedes insten a algo que xa está a facerse. E o que non vamos a facer é lavarnos as mans e aplicar a táctica da avestruz como fixo o PSOE e BNG durante 8 anos”

Balseiro lembrou que este non é un problema novo, “aínda que agora o BNG parece decatarse do mesmo”. Leva acontecendo durante moito tempo “e permitíndose coa complicidade e tolerancia do BNG e os seus socios de Goberno”.

Pola contra os populares concluíron sinalando que se “existe unha administración interesada en equiparar -en igualdade de condicións- os requisitos que se lle aplican ás flotas española e portuguesa cando faenan nas nosas augas esta é a Xunta”. Así o demostrou, o Goberno galego impulsando un acordo (bilateral) que fixo posible este marco igualatorio para a actividade pesqueira das flotas de arrastre galega e portuguesa, finalidade que agora esperan poida retomarse.