Sanidade

O SERGAS achega a realización desta proba oftalmolóxica aos centros médicos de Burela e Viveiro mellorando, polo tanto, a atención que se lles presta aos usuarios

BALSEIRO INTERÉSASE POLO FUNCIONAMENTO DO NOVO SERVIZO DE RETINOGRAFÍAS QUE O SERGAS PRESTA NOS CENTROS DE SAÚDE SEN NECESIDADE DE DESPRAZARSE AO HOSPITAL DA COSTA

 af-210_entera-retinc3b3grafo

  • Pacientes de nove concellos da Mariña lucense poden efectuar as probas diagnósticas e de seguimento que determinan a súa saúde ocular e que serven para diagnosticar, valorar e descartar problemas que deriven nunha perda de visión

 

A Mariña, 03 de marzo de 2014.- O deputado do Grupo Popular e secretario do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro vén de interesarse polo funcionamento e avaliación do novo servizo de retinografías que o SERGAS presta nos centros de saúde de Burela e Viveiro, sen necesidade de desprazarse ao Hospital da Costa.

 O parlamentario popular formulará diversas preguntas sobre distintos aspectos deste novo servizo na vindeira sesión da Comisión de Sanidade da Cámara galega prevista para mañá, a partir das 10.30 horas. En concreto, quere coñecer os beneficiarios do novo servizo e as previsións da Xunta ao respecto do mesmo.

Balseiro salientou que pacientes de nove concellos da Mariña lucense, máis en concreto dos centros de saúde de Foz, O Vicedo, Ourol, Cervo, San Ciprián, Xove, Ferreira do Valadouro, Alfoz, Burela e Viveiro, poden efectuar as súas probas diagnósticas e seguimentos a través dos seus médicos de Atención Primaria o que evita desprazamentos ata o de agora obrigados ao especialista do Hospital.

 Esta proba dispón, ademais, de grande importancia xa que coa mesma os profesionais médicos determinan a saúde ocular dos seus pacientes e serven para diagnosticar, valorar e descartar problemas que poden derivar nunha perda de visión.

NOVA FORMACIÓN E TECNOLOXÍA

 O deputado lembra que para implementar as retinografías nos centros de Primaria foi necesario un proceso de formación previa dos profesionais da saúde que atenden o servizo –persoal médico e de enfermería- así como dotarse da tecnoloxía e quipos necesarios para realizar os exames oculares.

NOVA AMPLIACIÓN DA CARTEIRA DE SERVIZOS

Balseiro agrade os esforzos do Goberno galego para seguir ampliando a carteira de servizos que se prestan na sanidade pública comarcal e moi en particular nun ámbito de tanta demanda como é a saúde ocular. Ao mesmo tempo destaca que feitos como este desmenten o falso argumento, repetido desde as forzas da oposición, sobre o desmantelamento da atención médica na Mariña.

 O deputado lembra que xunto ao achegamento das probas de retinografía aos centros de saúde o actual Goberno autonómico tamén puxo en marcha o hospital a domicilio –que atende a máis de medio cento de doentes crónicos nos seus fogares- e iniciou as obras para a creación da sala de tratamentos de quimioterapia para pacientes con cancro. Estes novos servizos teñen en común o obxectivo de procurar evitar desprazamentos innesarios dos enfermos, sen reducir un ápice a atención médica de calidade que se lles presta.

 O parlamentario agradece, finalmente, a sensibilidade dos actuais responsables do SERGAS por ter reforzado esta atención médica en temos de restricións orzamentarias e crise, algo que outras forzas políticas non souberon ou quixeron facer en tempos de bonanza.