• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Comisión de Pesca 03/06
Comisión de Sanidade 04/06/2014 »

Axudas da Xunta

4, Xuño 2014 por Admin B

A Xunta destina para a presente anualidade un orzamento de 106.035 euros para paliar as perdas no gando causadas por este animal

BALSEIRO SALIENTA QUE TRECE CONCELLOS DA PROVINCIA DE LUGO VERÁN INCREMENTADAS NUN 30% AS CONTÍAS DAS AXUDAS PARA OS DANOS CAUSADOS POLOS LOBOS

PropA

 

  • Balseiro aclara que a totalidade dos concellos da provincia poderán optar a estas axudas que deben solicitar os propietarios de gando ovino, porcino, vacún e equino afectados por estes ataques
  • Segundo datos oficiais a provincia de Lugo recibiu o 44% das axudas por danos de lobos na anterior convocatoria

 

Santiago, 5 de xuño de 2014.- O secretario do Parlamento de Galicia e deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, salientou hoxe que trece concellos da provincia de Lugo verán incrementadas nun 30% as contías que poden recibir con cargo ás axudas da Xunta para compensar os danos causados polos lobos

PLAN DE XESTIÓN DO LOBO

A devandita novidade, incluída na convocatoria do presente ano, é consecuencia de que estes concellos lucenses (O Valadouro, Alfoz, Ourol, Abadín, Baralla, Friol, Guitiriz, Muras, O Corgo, O Incio, O Páramo, Samos e Triacastela) forman parte do Plan de xestión do lobo en Galicia

O Goberno galego outorga un trato preferente a estes concellos e os seus veciños, co incremento da contía das axudas, por entender que se tratan de zonas nas que se prevén máis danos debido á alta densidade de lobos e á abundancia de gando.

AXUDAS PARA TODOS OS CONCELLOS DA PROVINCIA

Con todo, Balseiro aclara que non só estes trece concellos senón todos os concellos da provincia de Lugo poderán optar a estas axudas. Para iso deben ser solicitadas polos propietarios de gando ovino, porcino, vacún e equino que se vexan afectados por estes ataques, entre os que tamén entrarían danos provocados ao asno e á mula.

A Xunta destina na presente anualidade un orzamento de 106.035 euros para paliar as perdas no gando causadas por este animal. O importe das axudas que corresponden ao suposto de morte establécese segundo un baremo en canto á especie, clase e idade, mentres que, no caso de animais feridos, a axuda estimarase en función dos gastos veterinarios

Cómpre sinalar tamén que, segundo datos oficiais ofrecidos pola Xunta, a provincia de Lugo recibiu o 44% das axudas por danos de lobos na anterior convocatoria

Balseiro sinalou que a presente convocatoria de axudas comprende os danos producidos polo lobo desde o 1 de outubro de 2012 ata o 30 de setembro de 2014. Salienta tamén o deputado do Grupo Popular que o importe e condicións destas axudas foi acordado no seu día coas organizacións profesionais agrarias.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MONTES |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Xuño 2014
    L M M X V S D
     1
    2345678
    9101112131415
    16171819202122
    23242526272829
    30  
    « Mai   Xul »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: